domingo, 29 de mayo de 2011

Althaea officinalis

(Cast.: Malvavisco, altea; Cat.: Altea, Malví; Gall.: Altea, Malvarisco; Eusk.: Gloria, Malbazuri; Inglés: Marshamallow)
Xénero: Althaea
Especie:  officinalis
Familia: Malvaceae
É unha planta perenne, con talo recto, follas ovaladas e pouco dentadas cubertas dun pelo branquiño que as fai case prateadas, as flores en forma de campana son rosadas ou vermellas.
Hábitat: Encóntrase en toda España, en especial en lugares húmidos e pantanosos.
Reseña histórica: É unha planta medicinal moi popular. En tempos da antiga Roma, Plinio aconsellaba acudir a ela para resolver a pereza intestinal.
Sustancias que contén: Raíz: mucílago, taninos,pectina, asparagina. Follas: mucílago,trazas de aceite esencial.
Métodos de cultivo e recolección: As follas débense recoller no verán, trala floración. A raíz débese arrincar a finais do verán, límpase de restos de raiciñas e cortiza e débese secar inmediatamente. Para as plantas cultivadas, a recolección iníciase no segundo ano de vida. Elimínanse as pequenas raíces laterais e utilízase solo a parte principal. O secado debe ter lugar nun ambiente cálido, pero nun lugar resgardado da luz, e lonxe do po.

Doenzas que cura: Debido o alto contido en mucílago ten excelentes propiedades demulcentes. A raíz emprégase para tratar problemas dixestivos, inflamacións do tracto dixestivo e problemas da pel. Por vía externa a raíz está indicada no tratamento de varices e úlceras. Polo contrario as follas son beneficiosas para os pulmóns e o aparato urinario. O seu uso está indicado en casos de bronquites, estados catarrais respiratorios, tose irritativa, uretrites e areilla no aparato urinario. Tamén se aplica en picaduras de insectos.
Métodos de preparación:
Dentición: Raíz fresca: para calmar as encías irritadas convén darlles os nenos un anaco de raíz moi branca, para que o mordela e mastigala consigan un pouco de alivio do picor.
Febre reumática, reumatismos: Infusión: póñense en infusión nunha cunca de auga moi quente uns 5g de follas secas. Cólase, engádese unha cullerada de mel e bébese enseguida.
Inflamacións cutáneas: Cataplasma: férvese nun pouco de auga un puñado de follas secas. Déixanse arrefriar un pouco, esténdense as follas sobre unha gasa e aplícanse sobre a parte inflamada.
Inflamacións da garganta: Infusión: póñense un chisco de flores e follas de malvarisco e un chisco de flores de papoula secas nunha cunca de auga fervendo. Cando o líquido está morno, emprégase para facer gargarismos calmantes.
Tose catarral: Infusión: póñense en infusión nunha cunca grande de auga fervendo un chisco de follas r flores secas, un anaco de raíz de regaliz e unha puntiña de sementes de anís e de gordolobo, a continuación cólase e endúlzase con mel. Esta infusión é calmante e expectorante.
Tose seca e nerviosa: Infusión: póñense un chisco de follas e flores secas nunha cunca de auga fervendo. Endúlzase con mel.
Trastornos intestinais: Decocción: para obter un suave laxante basta con ferver en 150ml de auga 5g de raíz picada. Cando o líquido se reduza a dous terzos, endúlzase con mel, pásase por un coador e bébese en dúas veces.
Tamén a mastigación de trociños de raíz de malvarisco moi branca combate e trata de forma eficaz o estreñimento.
Úlceras bucais: Decocción: fanse enxagües e gargarismos frecuentes cunha decocción obtida a partir dun chisco de flores e follas cocidas durante un cuarto de hora nunha cunca de auga. Déixase arrefriar un pouco e endúlzase con mel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario