jueves, 26 de mayo de 2011

Lavandula officinalis

(Cast: espliego, lavanda; Gall.: Alfazema; Cat.: Espígol ver, espígola; Eusk.: izpiliku fina; Inglés: True or common lavender)
É unha planta arbustiva perenne, aromática, que ten un característico follaxe gris dourado, atraentes polas súas flores azul-violeta, moi olorosas e reunidas en espigas que aparecen sobre todo no verán.
Xénero: Lavandula
Especie: officinalis
Familia: Labiateae

Hábitat:  Orixinaria da rexión mediterránea e das illas Canarias. Crece de forma espontánea en bastantes rexións españolas preferindo os lugares áridos e pedregosos, pero en algunhas zonas cultívase, como por exemplo nos matos abertos, pastos secos e ladeiras pedregosas dos Pirineos e nas montañas do nordeste da Península, en terreos calizos.
Reseña histórica: Dende fai máis de 5000 anos, a lavanda ten unha tradición ben establecida como remedio popular. Durante séculos colocáronse bolsiñas de lavanda nos caixóns da roupa para espantar polillas e outros insectos, xa que as súas propiedades repelentes son excelentes. Debido a súa virtude antiséptica foi tamén moi estimada polos romanos que a utilizaban no baño e para a limpeza de feridas. Crese que os romanos a introduciron en Gran Bretaña e outros países do norte.  A auga de lavanda é un dos perfumes ingleses máis antigos; crese que a destilación comercial comezou a principios do século XVII. A comezos do século XX o químico francés Gattefosse (chamado "o pai da aromaterapia moderna"), a incorpora á medicina natural. O nome de lavanda ven do latín lavare, que significa lavar e en efecto, moitas mulleres  poríana na auga onde lavaban as súas prendas para que resultaran moi perfumadas. Jean Schorder no ano 1665 aseguraba que servía para curar as flatulencias e as afeccións do pulmón. No  século XVIII era clasificada entre as plantas cefálicas. Nicolas Lémery certificaba que  a lavanda elimina a corrupción do mal olor, da transpiración e dos malos humores.

Sustancias que contén: As flores frescas conteñen aceite esencial, constituído entre outros compoñentes, por acetato de linalilo, linalol, geraniol, cineol, limoneno e sesquiterpenos.
Métodos de cultivo e recolección: As flores deberanse recoller xusto antes de abrirse, entre principios de verán e principios de outono. Deixaranse secar lentamente, a temperaturas que non sobrepasen os 35 grados.
Doenzas que cura: Remedio moi eficaz para combater a dor de cabeza, especialmente cando vai asociado a situacións de estres, as migrañas e os vértigos. Estimulante e aromático, o espliego facilita a dixestión. Tamén combate os cólicos e os gases. Debido as súas suaves propiedades reconstituíntes do sistema nervioso, pode empregarse eficazmente en estados de debilidade nerviosa, esgotamento e depresión, xeralmente xunto con outras herbas. Pode empregarse para tranquilizar e axudar a conciliar o sono. Aplicado por vía externa, o aceite de lavanda emprégase para calmar as dores asociadas ó reumatismo.
Combinacións: para combater a depresión pódese asociar co romeiro, cola ou escutelaria. Para aliviar a dor de cabeza, con zapatito de dama ou valeriana.

Métodos de preparación:
Asma: Decocción: nun litro de auga férvense durante 2 minutos 60 g de flores. Cólase o líquido e bébense de catro a seis cuncas ó día.
Infusión: macéranse durante 5 minutos nunha cunca de auga fervendo 5g de flores. Endósase con mel e bébese. Repítese a dose catro veces durante o día.
Cansazo: Tintura: vértense varias gotas de aceite de lavanda nun terrón de azucre e disólvese o xeito na boca. Tamén unhas gotas de esencia  de lavanda fretada na sen e pulso aliviarán moito o cansazo por exceso de traballo.
Dixestión difícil: Tintura:vértese unhas gotas de aceite de lavanda nun dedo de auga ou nun terrón de azucre e tómase despois de comer.
Excitación nerviosa: Decocción: nunha cunca de auga quente ponse en infusión un chisco da mestura obtida con 30g de flores de lavanda, 10g de manzanilla, 5g de hipérico, 5g de lúpulo e 5 g de raíz de valeriana. Cólase o líquido, endósase e bébese antes de deitarse.
Farinxites: Decocción: férvense durante 2 minutos un litro de auga con 40g de flores. Cólase o líquido cando este morno e tómase de catro a seis cuncas ó día.
Feridas: Esencia: a falta dun desinfectante alcohólico pódense utilizar de forma momentánea unhas gotas de esencia vertidas sobre a ferida.
Insomnio: Decocción: férvese un chisco de lavanda nunha cunca de auga. Cólase, endósase e bébese antes de deitarse.
Larinxites, tose: Infusión: póñense 50g de flores nun litro de auga fervendo. Cólase e bébese catro ou cinco cuncas de infusión endosada con mel durante o día.
Migraña, vértigo: Tintura: nunha botella vértense tres cuartos de litro de aceite de oliva de calidade e un puñado de flores frescas de lavanda. Cérrase o recipiente e colócase nun lugar fresco, onde debe deixarse durante 20 días aproximadamente. Fíltrase o aceite cun pano de lino e tómase seis ou sete gotas varias veces ó día. Contra os vértigos, unhas gotas en pouca auga.
Arrefriado: Po: esmigállanse unhas flores secas e aspírase o po polas fosas nasais. Elo provocará os esbirros necesarios para liberar a nariz da mucosidade e alixeirar a cabeza. 

Usos domésticos:
Bolsiñas perfumadas: mestúranse 30g de flores de lavanda, 25g de sementes de gladíolo, 30g de pétalos de rosa secos, 7g de canela e 10g de clavos de olor picados. Distribúese a mestura en bolsiñas que se gardarán nos caixóns, entre a roupa…
Auga de lavanda: mestúrase 200ml de alcohol de 80 grados, 10g de esencia de lavanda, 2g de esencia de citronella, 1g de esencia de clavel e 5g de esencia de bergamota. Déixase en infusión 20 días. Logo cólase e consérvase o líquido nunha botella.

Bibliografía:
-Plantas medicinais (Editorial Tikal)
-Plantas medicinais (Editorial D. Vicchi)
-Pag. Web wikipedia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario