domingo, 29 de mayo de 2011

Santolina chamaecyparissus

(Cast.: Cipresillo, guararropa, hierba piojera, manzanilla de Mahón; Cat.: Espernallac, Camamilla de Maó, Guarda roba; Gall.: Abrótano femia, Guarda roupa; Eusk.: Astakamamila ; Inglés: Garden cypress)
Trátase dunha planta con talo e follas carnosas de cor verde branquiño, as flores son cabeciñas amarelas. Toda a planta desprende un cheiro desagradable.

Xénero: Santolina
Especie: chamaecyparissus
Familia: Compositae
Hábitat: Moi común nas zonas meridionais que crece entre as pedras e nos solos áridos, areosos e pedregosos, preferentemente calizos. Espontánea na rexión mediterránea. Frecuente en toda España salvo no noroeste peninsular.
Reseña histórica: Santolina o nome xenérico é unha deformación do latino Sanctolina,  planta santa polas súas virtudes medicinais. Chamaecyporissus, de orixe grego, significa ciprés anano,  polo aspecto da planta.
Sustancias que contén: aceite esencial, taninos, sustancias amargas.

Métodos de cultivo e recolección: Require emprazamentos soleados e desenrólase en solos calizos e algo secos. Partes utilizadas: flores, cabeciñas. Recóllense durante o mes de xuño,  cando aparecen os capítulos floridos, única parte que se colecta, unha vez secos, gárdanse en bolsas como os da manzanilla .
Doenzas que cura:  Ten propiedades amargantes, tónicas, estimulante dixestivo, purificantes, cicatrizante (principios similares ós da manzanilla). Ten tamén propiedades antiespasmódicas e emenagogas. Tanto os capítulos como as follas e, principalmente os froitos, son antihelmínticos.

 Métodos de preparación:

Picaduras de insectos: Zume ou polpa: aplícase nas partes afectadas.
Como estimulante dixestivo  emprégase en forma de tisana, engadindo seis ou sete capítulos a unha cunca de auga fervendo.
Para combater as lombrices intestinais  utilízanse sobre todo os froitos pulverizados en doses de dous gramos deste polvo mesturado con mel, polo que tamén se coñece esta especie co  nome de herba lombrigueira.

Althaea officinalis

(Cast.: Malvavisco, altea; Cat.: Altea, Malví; Gall.: Altea, Malvarisco; Eusk.: Gloria, Malbazuri; Inglés: Marshamallow)
Xénero: Althaea
Especie:  officinalis
Familia: Malvaceae
É unha planta perenne, con talo recto, follas ovaladas e pouco dentadas cubertas dun pelo branquiño que as fai case prateadas, as flores en forma de campana son rosadas ou vermellas.
Hábitat: Encóntrase en toda España, en especial en lugares húmidos e pantanosos.
Reseña histórica: É unha planta medicinal moi popular. En tempos da antiga Roma, Plinio aconsellaba acudir a ela para resolver a pereza intestinal.
Sustancias que contén: Raíz: mucílago, taninos,pectina, asparagina. Follas: mucílago,trazas de aceite esencial.
Métodos de cultivo e recolección: As follas débense recoller no verán, trala floración. A raíz débese arrincar a finais do verán, límpase de restos de raiciñas e cortiza e débese secar inmediatamente. Para as plantas cultivadas, a recolección iníciase no segundo ano de vida. Elimínanse as pequenas raíces laterais e utilízase solo a parte principal. O secado debe ter lugar nun ambiente cálido, pero nun lugar resgardado da luz, e lonxe do po.

Doenzas que cura: Debido o alto contido en mucílago ten excelentes propiedades demulcentes. A raíz emprégase para tratar problemas dixestivos, inflamacións do tracto dixestivo e problemas da pel. Por vía externa a raíz está indicada no tratamento de varices e úlceras. Polo contrario as follas son beneficiosas para os pulmóns e o aparato urinario. O seu uso está indicado en casos de bronquites, estados catarrais respiratorios, tose irritativa, uretrites e areilla no aparato urinario. Tamén se aplica en picaduras de insectos.
Métodos de preparación:
Dentición: Raíz fresca: para calmar as encías irritadas convén darlles os nenos un anaco de raíz moi branca, para que o mordela e mastigala consigan un pouco de alivio do picor.
Febre reumática, reumatismos: Infusión: póñense en infusión nunha cunca de auga moi quente uns 5g de follas secas. Cólase, engádese unha cullerada de mel e bébese enseguida.
Inflamacións cutáneas: Cataplasma: férvese nun pouco de auga un puñado de follas secas. Déixanse arrefriar un pouco, esténdense as follas sobre unha gasa e aplícanse sobre a parte inflamada.
Inflamacións da garganta: Infusión: póñense un chisco de flores e follas de malvarisco e un chisco de flores de papoula secas nunha cunca de auga fervendo. Cando o líquido está morno, emprégase para facer gargarismos calmantes.
Tose catarral: Infusión: póñense en infusión nunha cunca grande de auga fervendo un chisco de follas r flores secas, un anaco de raíz de regaliz e unha puntiña de sementes de anís e de gordolobo, a continuación cólase e endúlzase con mel. Esta infusión é calmante e expectorante.
Tose seca e nerviosa: Infusión: póñense un chisco de follas e flores secas nunha cunca de auga fervendo. Endúlzase con mel.
Trastornos intestinais: Decocción: para obter un suave laxante basta con ferver en 150ml de auga 5g de raíz picada. Cando o líquido se reduza a dous terzos, endúlzase con mel, pásase por un coador e bébese en dúas veces.
Tamén a mastigación de trociños de raíz de malvarisco moi branca combate e trata de forma eficaz o estreñimento.
Úlceras bucais: Decocción: fanse enxagües e gargarismos frecuentes cunha decocción obtida a partir dun chisco de flores e follas cocidas durante un cuarto de hora nunha cunca de auga. Déixase arrefriar un pouco e endúlzase con mel.

Plantago mayor

 (Cast.: Llantén mayor; Cat.: Plantatge gros; Gall.: Plantago; Eusk.: Plantain handi; Inglés: Plantago major )
Xénero: Plantago
Especie: mayor
Familia: Plantaginaceae
É unha herba perenne, que posee follas glabras, raramente cubertas de pelo. As flores, están reunidas en espiguiñas cilíndricas, son avermelladas ou brancas. O froito é unha cápsula larga e oval.
Hábitat: é unha planta moi común en toda España, onde crece de forma espontánea nos prados, en lugares áridos, húmidos, xunto os muros, entre as ruínas e nos sendeiros do campo.
Reseña histórica: O nome de Plantago refírese á planta do pe á pisada que deixa no chan o zapato, pero podería tamén recordar que se cría por alí por onde pasa o home. Por iso facemos referencia ó nome que lle deron os indios norteamericanos cando a planta foi introducida polos europeos e crecía por onde pasaba o home branco: “la huella de los rostros pálidos”
Sustancias que contén: Glucósidos, entre os que destacan a aucubina, mucílago, sustancias amargas, pectinas, taninos, aceite esencial, vitamina A, C, K, sales minerais.
Métodos de cultivo e recolección: Recoller durante a época de floración, durante todo o verán. Secar o máis rapidamente posible, xa que as follas poden perder a cor si se secan inadecuadamente. Partes utilizadas: follas, sementes. As 1ª recóllense en xuño e xullo e sécanse nun lugar resgardado da luz, as segundas débense recoller cando están perfectamente maduras.
Doenzas que cura: Actúa como expectorante suave, o mesmo tempo que alivia as mucosas inflamadas e doridas, polo que é o remedio ideal para tratar a tose e casos leves de bronquites. As súas propiedades astrínxentes  son beneficiosas en casos de diarrea, hemorroides e en cistites cando vai acompañada de hemorraxia. Tamén se poden empregar externamente aplicando compresas con unha decocción de llantén sobre os ollos irritados. As follas frescas moídas calman de inmediato a dor causada polo contacto cas ortigas ou as picaduras de insectos e cicatrizan as feridas impedindo que se infecten.


Métodos de preparación:
Cansancio: Decocción: póñense en 3 litros de auga 100g de follas frescas. Férvese o xeito ca pota tapada durante 3 horas aproximadamente. Ó final retíranse as follas da auga e engádese un  puñado de baias de enebro. Férvese o líquido durante 20 minutos máis, engádense dúas ou tres culleradas de mel, déixase arrefriar e cólase. A dose é dun vasiño cada mañá ó levantarse.
Catarro: Infusión: en 100 ml de auga fervendo póñense 5g de sementes. Cólase ó cabo duns minutos, engádeselle unha cullerada de mel ou azucre e bébese enseguida.
Conxuntivites, inflamacións oculares: Infusión: póñense en 150 ml de auga fervendo 10g de follas de llantén, 5g de flores de meliloto e 5g de flores de Centaurea cyanys.
Cólase o líquido cando está morno e consérvase nun frasquiño para usalo para compresas nos ollos cansados, irritados ou inflamados.
Diarrea: Infusión: pícanse 50g de follas frescas e póñense nun litro de auga fervendo. Tómanse dúas ou tres cuncas ó día.
Inflamacións do estómago: Decocción: férvense en tres cuartos de litro de auga durante 20 minutos 40g de follas. Cólase a decocción, endúlzase con mel ou azucre, ó gusto, e bébese en cuncas durante o día.
Chagas: Cataplasma: recóllese un puñado de follas frescas, lávanse, sécanse, esmáganse co borde dun coitelo e aplícanse nas chagas, cuxa cicatrización favorecerá.
Toxinas (acumulación de): Decocción: póñense 30g de follas secas nun litro de auga e férvense 20 minutos. Cólase o líquido e bébese un vasiño en xaxún cada mañá e dúas durante o día.

jueves, 26 de mayo de 2011

Humulus lupulus

(Cast.: Lúpulo; Cat.: llúpol; Gall.: lúpulo; Eusk.: lupulua; Inglés: Common hop )
Xénero: Humulus
Especie: lupulus
Familia:  Cannabinaceae

 Aínda que frecuentemente se considere trepadora, non posee zarzallos nin ningún outro apéndice para este propósito, senón que se serve de robustos talos provistos de ríxidas vellosidades inclinadas abaixo. É unha herbácea perenne que pode alcanzar oito metros de altura. Sendo unha especie dioica, as flores femininas e masculinas aparecen  en plantas separadas, as primeiras, de cor verde claro,  reúnense en amentos e son usadas como saborizante e axente estabilizador na cervexa, as masculinas, amarelo verdosas, forman panículas. O froito  denomínase aquenio.

Hábitat: Atópanse nos bosques  das zonas máis frescas e sombrías de toda España.
Reseña histórica: Humulus procede do latín humus, “terra suave e fresca”, xa que os talos poden arrastrarse polo solo e a planta crece en solos de calidade. Lupulus (“lobo pequeno”, en latín) é o nome que os romanos daban a esta planta, xa que se pensaban que, ó trepar sobre un hóspede, o lúpulo afogábao.
Sustancias que contén: Lupulino, principios amargos, resina (que proporciona o sabor amargo da cervexa) , aceite esencial, taninos, principios estroxénicos, azucres, proteínas.
Método de cultivo, recolección: Os conos débense recoller antes de estar totalmente maduros, a finais do verán ou principios do outono. Débense secar con coidado na sombra. Parte usada inflorescencia.

Doenzas que cura: Manifesta un intenso efecto relaxante do sistema nervioso central, de aí o seu uso no tratamento do insomnio. Contribúe a calmar a tensión e a ansiedade, que en ocasións desembocan en axitación, dor de cabeza e posiblemente indixestión. Aplicado por vía externa exerce unha acción antiséptica, moi indicada para o tratamento de úlceras ou éscaras. Non usar en casos de depresión profunda.
Combinacións: para tratar problemas de insomnio pódese administrar xunto a valeriana e pasiflora.

Métodos de preparación:
Ansiedade, insomnio: Decocción: férvese unha cullerada de flores nunha cunca de auga durante 3 minutos. Cando o líquido esté morno cólase, endúlzase con mel e bébese antes de deitarse.
Infusión: 1g de flores en 100ml de auga fervendo. Bébense unha ou dúas cuncas antes de deitarse.
Tintura: 20g de flores en 100ml de alcohol de 40 grados en maceración durante 8 o 10 días. Tómase unha cullerada en auga morna antes de deitarse.
Dixestión difícil, inapetencia: Decocción: férvese durante 2 minutos 15g de flores nun  litro de auga. Cólase o líquido, endúlzase e bébese unha cunca ó final de cada comida e  cada vez que a dixestión resulte laboriosa e difícil.
Infusión: póñense 30g de follas nun litro de auga fervendo. Cólase, endúlzase e bébense tres vasos ó día. Nos casos de inapetencia, bébese un vaso de infusión antes das comidas.
Neuralxia: Flores en bolsiña: énchese unha bolsiña de tea de flores e cósese a súa abertura. Despois ponse a quentar diante da estufa ou sobre o radiador. A bolsiña así preparada debe poñerse sobre a parte doída, e debido a que o lúpulo ten un efecto hipnótico, as dores neurálxicas cálmanse en poucos minutos.

 Bibliografía:
-Plantas medicinais (Editorial Tikal)
-Las plantas medicinales (Editorial D. Vecchi)
-Pag. Web wikipedia.

Cetraria islandia

 (Cast: Liquen de Islandia; Gall.: Musgo islándico; Cat.: Lichen islandicus; Inglés: Icelandic moss)
Xénero:  Cetraria
Especie:  islandia
Familia: Parmeliaceae

É unha planta sen raíces que se adhire ó solo e ó tronco das árbores con filamentos curtos e ríxidos, formando matas. Parece unha planta seca e sen vida, con follas de cor olivácea.
Hábitat: Esta planta é orixinaria das rexións frías do hemisferio boreal, nos montes de coníferas das nosas rexións de montaña, dos 1000m en adiante, atopou condicións favorables de vida.
Reseña histórica:  Cetraria deriva do latín cetra que significa pequeno escudo, debido as pequenas fosas vermellas ou de cor castaño escuro, circulares e planas que se observan nas extremidades dos talos aillados. Islandica, pois era consumida como alimento en Islandic, aínda que non é moi común encontrala alí. Foi considerada planta medicinal a mediados do século XVII; Bartolino atribuíulle propiedades purgantes en 1671, e en 1698. Dompier recomendaba contra a mordedura de animais velenosos.

Sustancias que contén: Alto contido en mucílago, ácido fumárico amargo, ácido úsnico, algo de iodo, trazas de vitamina A, aceite esencial, amidóns.
Métodos de cultivo, recolección: O lique pódese recoller o longo de todo o ano, se ben é preferible desde finais da primavera ata principios do outono. Limparase das impurezas que leve pegadas e deixarase secar na sombra. Parte utilizada o talo.
Doenzas que cura: Debido o alto contido en mucílago, posee propiedades demulcentes ou suavizantes de mucosas, que fan indicado o seu uso no tratamento de gastrites, vómitos e dispepsia. Emprégase con frecuencia para tratar os procesos catarrais respiratorios e a bronquites. Ademais, grazas as súas propiedades nutritivas contribúe ó tratamento da caqueixa, que consiste nun estado de malnutrición e debilidade.

Métodos de preparación:
Asma, bronquites, diarrea: Decocción: lávase ben unha chisco de lique e férvese nun litro de auga durante poucos minutos ( o líquido desta 1ª decocción, que encerra a maior parte do principio amargo, debe tirarse) a continuación lávase o lique durante un minuto baixo a auga da billa e vólvese a ferver durante media hora nun litro de auga. Cólase a decocción, endúlzase con mel e tómase unha cullerada tres veces ó día.
Feridas: Tintura:póñense en maceración 20g en 100 ml de alcohol de 20grados durante 10 días. Efectúanse lavados e aplícase a tintura sobre as partes afectadas cun algodón.
Tose: Pasta de lique: macérase durante varias horas certa cantidade de lique en auga suficiente para cubrilo de forma abundante. A continuación cólase a mestura, lávase con abundante auga fervendo e férvese a fogo moderado durante media hora.  Penéirase, pésase e engádeselle un peso equivalente de azucre. Amalgámanse os dous ingredientes, e cócense ó baño María a fogo moderado, removendo sen cesar e retirando a espuma que se forma na superficie. Cando a pasta se condense o suficiente e adquira certa consistencia, déixase arrefriar  un pouco e consérvase nun frasco. Tómase unha cullerada cada vez que se manifeste tose persistente e violenta. Esta pasta tamén é útil para tratar as inflamacións dos bronquios e do intestino.

Bibliografía:
-Plantas medicinais (Editorial Tikal)
-Las plantas medicinales (Editorial D. Vecchi)
-Pag. Web wikipedia.

Linum usitatissimum

 (Cast: Lino; Gall.: Liño; Cat.: Lli, Llinet; Eusk.: Lino, Liño  ; Inglés: Flax)
É unha planta herbácea anual, que presenta finos talos, con numerosas follas lanceoladas e pequenas flores azuis no verán e  froitos en pequenas cápsulas.
Xénero: Linum
Especie: usitatissimum
Familia: Linaceae

Hábitat: Planta orixinaria de Exipto, non é demasiado común entre nos en estado espontáneo, aínda que se cultiva en toda España a gran escala polas fibras téxtiles que se obteñen dos talos e as follas, e polo aceite que se extrae das sementes. Aparece en ladeiras rochosas.
Reseña histórica:  é a primeira fibra vexetal que tivo aceptación na industria téxtil. O seu cultivo  remóntase en Exipto ata o século IV a. C. Como é sabido, as momias exipcias soen estar envoltas en tecidos de liño. Dende o século XII documéntase Linum, que procede do grego linon, co significado de fío. As súas sementes producen un aceite secante que se utiliza na fabricación de lenzos para pintar.

Sustancias que contén: aceite que contén ácido linoleico, linolénico e oleico; mucílago, proteínas, sales de magnesio e potasio, linamarina, lecitinas.
Métodos de cultivo e recolección: As vainas cas sementes débense coller cando están totalmente maduras, a principios de outono.
Doenzas que cura: as súas propiedades son emolentes, refrescantes, laxantes, diuréticas, resolutivas. Pode empregarse no tratamento de calquera tipo de infección respiratoria, especialmente bronquites que cursan con forte conxestión. Sóese usar en forma de emplasto en caso de pleuresía e outras afeccións pulmonares, tamén para tratar herpes e psoriases. Actúa como purgante, combatendo o estreñemento.
Combinacións: mestúrase con mostaza para preparar emplastos para tratar afeccións respiratorias no peito. Para furúnculos e inflamacións úsase con raíz de malvarisco e Ulmus rubra.

Métodos de preparación:
Bronquites: infusión: ponse nunha cunca de auga fervendo unha cullerada de sementes, déixase arrefriar un pouco, cólase e bébese pola noite antes de deitarse.
Sementes: crúas, peladas e lavadas, unha cullerada de sementes inxeridas sen mastigar beneficia de forma especial ás afeccións bronquiais.
Colites: infusión: ponse en remollo pola noite una cullerada de sementes nun vaso de auga e pola mañá bébese todo.
Diabetes: decocción en 1,5 litros de auga férvense durante media hora 20g de sementes de liñaza, 20g de peles de xudías, 20g de follas de arándano e 10g de alquimila. Cólase o líquido e bébese unha cunca antes de cada comida.
Estreñimento: infusión: prepáranse tres cuncas de infusión de manzanilla, cando esté quente, pero non fervendo, engádense tres culleradas de aceite de liñaza, una chisco de sal de cociña e por último unha chisco de xabón de calidade rallado. Axítase o líquido e emprégase antes de que se arrefríe de todo. Tamén resulta eficaz para eliminar as lombrigas intestinais.
Flebites: decocción: férvense durante 20 minutos 50g de sementes en 3 litros de auga. Cólase o líquido a través dun pano e esmáganse ben as sementes para que saia o mucílago. Co líquido morno faise uns baños da parte enferma, ou ben aplícanse compresa.
Hemorroides: Auga de sementes: vértense sobre 30gde sementes enteiras e peladas 150 ml de auga morno , remóvese durante largo rato e logo déixase repousar a infusión durante aproximadamente 6 horas. Cólase a través dunha peza de liño y esmágase ben para que saia o mucílago. Para obter a auga de sementes hai que calcular unha parte de mucílago e trinta de auga temperá. O preparado debe tomarse repartido en varios vasos durante o día.
Inflamacións da gorxa: Infusión: prepárase unha infusión cunha cullerada de sementes e unha cunca de auga fervendo. Cólase o líquido e, cando esté morno, emprégase para facer gargarismos.
Inflamacións intestinais: Decocción: durante 10 minutos férvense 50g de sementes de liñaza e un trociño de pel de limón en medio litro de auga. Cólase o líquido, endúlzase con mel e tómase unha cunca despois das comidas.
Infusión: nunha cunca de auga quente aromatizada cun trociño de pel de limón ponse en infusión unha cullerada de sementes. Déixase arrefriar un pouco o líquido, endúlzase e bébese a metade pola noite antes de deitarse e a outra metade pola mañá ó espertar.
Usos domésticos: Masilla: se é necesario cubrir hermeticamente fisuras de recipientes e tuberías, para impedir a perda de líquidos ou gases, basta amasar a partes iguais cola de amidón e fariña de liñaza, e aplicar a masilla na parte que se desee reparar.
A cola de amidón obtense a partir da disolución de amidón en auga ( a proporción é de 120g de amidón por cada litro de auga), ponse o recipiente sobre a chama moi baixa, apártase do fogo cando a masa resulta aínda acuosa e déixase repousar.

Bibliografía:
-Plantas medicinais (Editorial Tikal)
-Las plantas medicinales (Editorial D. Vecchi)
-Pag. Web wikipedia.

Lavandula officinalis

(Cast: espliego, lavanda; Gall.: Alfazema; Cat.: Espígol ver, espígola; Eusk.: izpiliku fina; Inglés: True or common lavender)
É unha planta arbustiva perenne, aromática, que ten un característico follaxe gris dourado, atraentes polas súas flores azul-violeta, moi olorosas e reunidas en espigas que aparecen sobre todo no verán.
Xénero: Lavandula
Especie: officinalis
Familia: Labiateae

Hábitat:  Orixinaria da rexión mediterránea e das illas Canarias. Crece de forma espontánea en bastantes rexións españolas preferindo os lugares áridos e pedregosos, pero en algunhas zonas cultívase, como por exemplo nos matos abertos, pastos secos e ladeiras pedregosas dos Pirineos e nas montañas do nordeste da Península, en terreos calizos.
Reseña histórica: Dende fai máis de 5000 anos, a lavanda ten unha tradición ben establecida como remedio popular. Durante séculos colocáronse bolsiñas de lavanda nos caixóns da roupa para espantar polillas e outros insectos, xa que as súas propiedades repelentes son excelentes. Debido a súa virtude antiséptica foi tamén moi estimada polos romanos que a utilizaban no baño e para a limpeza de feridas. Crese que os romanos a introduciron en Gran Bretaña e outros países do norte.  A auga de lavanda é un dos perfumes ingleses máis antigos; crese que a destilación comercial comezou a principios do século XVII. A comezos do século XX o químico francés Gattefosse (chamado "o pai da aromaterapia moderna"), a incorpora á medicina natural. O nome de lavanda ven do latín lavare, que significa lavar e en efecto, moitas mulleres  poríana na auga onde lavaban as súas prendas para que resultaran moi perfumadas. Jean Schorder no ano 1665 aseguraba que servía para curar as flatulencias e as afeccións do pulmón. No  século XVIII era clasificada entre as plantas cefálicas. Nicolas Lémery certificaba que  a lavanda elimina a corrupción do mal olor, da transpiración e dos malos humores.

Sustancias que contén: As flores frescas conteñen aceite esencial, constituído entre outros compoñentes, por acetato de linalilo, linalol, geraniol, cineol, limoneno e sesquiterpenos.
Métodos de cultivo e recolección: As flores deberanse recoller xusto antes de abrirse, entre principios de verán e principios de outono. Deixaranse secar lentamente, a temperaturas que non sobrepasen os 35 grados.
Doenzas que cura: Remedio moi eficaz para combater a dor de cabeza, especialmente cando vai asociado a situacións de estres, as migrañas e os vértigos. Estimulante e aromático, o espliego facilita a dixestión. Tamén combate os cólicos e os gases. Debido as súas suaves propiedades reconstituíntes do sistema nervioso, pode empregarse eficazmente en estados de debilidade nerviosa, esgotamento e depresión, xeralmente xunto con outras herbas. Pode empregarse para tranquilizar e axudar a conciliar o sono. Aplicado por vía externa, o aceite de lavanda emprégase para calmar as dores asociadas ó reumatismo.
Combinacións: para combater a depresión pódese asociar co romeiro, cola ou escutelaria. Para aliviar a dor de cabeza, con zapatito de dama ou valeriana.

Métodos de preparación:
Asma: Decocción: nun litro de auga férvense durante 2 minutos 60 g de flores. Cólase o líquido e bébense de catro a seis cuncas ó día.
Infusión: macéranse durante 5 minutos nunha cunca de auga fervendo 5g de flores. Endósase con mel e bébese. Repítese a dose catro veces durante o día.
Cansazo: Tintura: vértense varias gotas de aceite de lavanda nun terrón de azucre e disólvese o xeito na boca. Tamén unhas gotas de esencia  de lavanda fretada na sen e pulso aliviarán moito o cansazo por exceso de traballo.
Dixestión difícil: Tintura:vértese unhas gotas de aceite de lavanda nun dedo de auga ou nun terrón de azucre e tómase despois de comer.
Excitación nerviosa: Decocción: nunha cunca de auga quente ponse en infusión un chisco da mestura obtida con 30g de flores de lavanda, 10g de manzanilla, 5g de hipérico, 5g de lúpulo e 5 g de raíz de valeriana. Cólase o líquido, endósase e bébese antes de deitarse.
Farinxites: Decocción: férvense durante 2 minutos un litro de auga con 40g de flores. Cólase o líquido cando este morno e tómase de catro a seis cuncas ó día.
Feridas: Esencia: a falta dun desinfectante alcohólico pódense utilizar de forma momentánea unhas gotas de esencia vertidas sobre a ferida.
Insomnio: Decocción: férvese un chisco de lavanda nunha cunca de auga. Cólase, endósase e bébese antes de deitarse.
Larinxites, tose: Infusión: póñense 50g de flores nun litro de auga fervendo. Cólase e bébese catro ou cinco cuncas de infusión endosada con mel durante o día.
Migraña, vértigo: Tintura: nunha botella vértense tres cuartos de litro de aceite de oliva de calidade e un puñado de flores frescas de lavanda. Cérrase o recipiente e colócase nun lugar fresco, onde debe deixarse durante 20 días aproximadamente. Fíltrase o aceite cun pano de lino e tómase seis ou sete gotas varias veces ó día. Contra os vértigos, unhas gotas en pouca auga.
Arrefriado: Po: esmigállanse unhas flores secas e aspírase o po polas fosas nasais. Elo provocará os esbirros necesarios para liberar a nariz da mucosidade e alixeirar a cabeza. 

Usos domésticos:
Bolsiñas perfumadas: mestúranse 30g de flores de lavanda, 25g de sementes de gladíolo, 30g de pétalos de rosa secos, 7g de canela e 10g de clavos de olor picados. Distribúese a mestura en bolsiñas que se gardarán nos caixóns, entre a roupa…
Auga de lavanda: mestúrase 200ml de alcohol de 80 grados, 10g de esencia de lavanda, 2g de esencia de citronella, 1g de esencia de clavel e 5g de esencia de bergamota. Déixase en infusión 20 días. Logo cólase e consérvase o líquido nunha botella.

Bibliografía:
-Plantas medicinais (Editorial Tikal)
-Plantas medicinais (Editorial D. Vicchi)
-Pag. Web wikipedia.

Laurus nobilis

(Cast: laurel; Gall.: loureiro; Cat.: llorer; Eusk.: erramua; Inglés: Bay laurel )
Género: Laurus
Especie: nobilis
Familia: Lauraceae.
É  unha árbore de folla perenne, de casca verde, follas brillantes no haz e mates no envés, as flores son pequenas e de cor amarelo verdoso; os froitos, constituídos por baias  negras, maduran durante o verán. É  unha planta dioica.

Hábitat:  A súa orixe é a conca mediterránea e o Cáucaso, crece de  forma espontánea nas rexións mediterráneas.
Reseña histórica: Laurus é o nome con que os romanos designaban o loureiro e as súas follas. Xunto ca oliveira, o loureiro constituíu o símbolo da paz e a prosperidade. Ademais sobre o loureiro existe un dito antigo de que "o que planta un loureiro nunca o verá crecer", aludindo ó lento crecemento da planta, aínda que na cultura popular alude á  morte de quen o planta.
Ten connotacións simbólicas en certas culturas como romana e na cristián. Segundo a mitoloxía o loureiro é a transformación da ninfa Dafne que ó ser perseguida por Apolo foi salvada por Zeus transformándoa en árbore, de aí que Apolo cortou dúas ramas e trenzounas elaborando unhas coroas triunfais que usan os vitoriosos, xerais e emperadores da antiga Roma e que chegaron como símbolo da vitoria ata os nosos días. Ademais, estas follas foron postas nas cabezas dos Atletas nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004.
Hai unha lenda que conta que durante a conquista de Granada a Reina Isabel escondeuse tras un loureiro, na actual localidade de A Zubia mentres fuxía duns musulmáns granadinos que a perseguían, desde entonces a ese loureiro, que aínda existe nos nosos días coñécese como o Loureiro da Reina.
Sustancias que contén: Cineol, taninos, geraniol, linanol, principios amargos.

Métodos de cultivo e recolección: Crece ben ó sol, tamén a media sombra e  adáptase mellor ós solos ben drenados. Multiplícase mediante sementes e por esqueces. As follas recóllense cando son novas, pero xa están totalmente desenroladas, e sécanse. E os froitos cando completan a súa maduración. Uns e outros deben secarse nun lugar resgardado da luz e  onde non haxa po.
Doenzas que cura: Utilízase para espertar o apetito, para facilitar as dixestións ou para calmar as  afeccións respiratorias. É antiséptico, estimulante, estomacal, carminativo, expectorante, diurético e sudorífico. Emprégase en dispepsias atónicas e fatiga, así como gargarismos en infeccións buco-farínxeas. O aceite das baias ten aplicacións tópicas moi eficaces, tales como abscesos, contusións e outras afeccións da pel producidas por fungos; tamén é útil en dolores reumáticos e nos desarrealos da menstruación. Aplícase preferentemente en forma de linimento, pomada ou aceite.

Métodos de preparación:
Cansazo: como infusión: nunha bañeira que conteña auga quente necesaria vértese o líquido obtido a partir de macerar durante un par de días 400 g de baias e follas. O baño perfumado e relaxante, servirá para descansar, tomado pola noite antes de deitarse predispón o organismo para un repouso tranquilo e combate o insomnio.
Contusións, hemorroides, reumatismos: Tintura: macérase un puñado de baias secas nunha cunca de aceite de oliva. Ó cabo duns 20 días aproximadamente esmáganse para sacarlles todo o zume e fíltrase o líquido a través dunha peza de tea. Consérvase o aceite nun frasquiño en lugar fresco e escuro para impedir que se rancio e úsase para facer fregas ( ou aplicar cun pincel en caso de hemorroides) na parte doída e inflamada.
Dixestión difícil: como infusión: póñense 15 follas nun litro de auga moi quente. Cólase 10 minutos despois, endósase o líquido cun pouco de azucre e tómase o xeito en dúas veces.
Pés suorosos: decocción: férvese durante uns 20 minutos un puñado de baias nun litro de auga. Macérase o líquido ata que se arrefría de todo, esmáganse as baias para exprimir o zume e vértese a auga, a través dun coador, nunha palangana onde haxa máis auga quente somérxense os pés nela durante o maior tempo posible. Coa eliminación do exceso de sudoración evítanse tamén os malos olores e os eritemas.

Bibliografía:
-Plantas medicinais (Editorial Tikal)
-Las plantas medicinales (Editorial D. Vecchi)
-Pag. Web wikipedia.