jueves, 26 de mayo de 2011

Humulus lupulus

(Cast.: Lúpulo; Cat.: llúpol; Gall.: lúpulo; Eusk.: lupulua; Inglés: Common hop )
Xénero: Humulus
Especie: lupulus
Familia:  Cannabinaceae

 Aínda que frecuentemente se considere trepadora, non posee zarzallos nin ningún outro apéndice para este propósito, senón que se serve de robustos talos provistos de ríxidas vellosidades inclinadas abaixo. É unha herbácea perenne que pode alcanzar oito metros de altura. Sendo unha especie dioica, as flores femininas e masculinas aparecen  en plantas separadas, as primeiras, de cor verde claro,  reúnense en amentos e son usadas como saborizante e axente estabilizador na cervexa, as masculinas, amarelo verdosas, forman panículas. O froito  denomínase aquenio.

Hábitat: Atópanse nos bosques  das zonas máis frescas e sombrías de toda España.
Reseña histórica: Humulus procede do latín humus, “terra suave e fresca”, xa que os talos poden arrastrarse polo solo e a planta crece en solos de calidade. Lupulus (“lobo pequeno”, en latín) é o nome que os romanos daban a esta planta, xa que se pensaban que, ó trepar sobre un hóspede, o lúpulo afogábao.
Sustancias que contén: Lupulino, principios amargos, resina (que proporciona o sabor amargo da cervexa) , aceite esencial, taninos, principios estroxénicos, azucres, proteínas.
Método de cultivo, recolección: Os conos débense recoller antes de estar totalmente maduros, a finais do verán ou principios do outono. Débense secar con coidado na sombra. Parte usada inflorescencia.

Doenzas que cura: Manifesta un intenso efecto relaxante do sistema nervioso central, de aí o seu uso no tratamento do insomnio. Contribúe a calmar a tensión e a ansiedade, que en ocasións desembocan en axitación, dor de cabeza e posiblemente indixestión. Aplicado por vía externa exerce unha acción antiséptica, moi indicada para o tratamento de úlceras ou éscaras. Non usar en casos de depresión profunda.
Combinacións: para tratar problemas de insomnio pódese administrar xunto a valeriana e pasiflora.

Métodos de preparación:
Ansiedade, insomnio: Decocción: férvese unha cullerada de flores nunha cunca de auga durante 3 minutos. Cando o líquido esté morno cólase, endúlzase con mel e bébese antes de deitarse.
Infusión: 1g de flores en 100ml de auga fervendo. Bébense unha ou dúas cuncas antes de deitarse.
Tintura: 20g de flores en 100ml de alcohol de 40 grados en maceración durante 8 o 10 días. Tómase unha cullerada en auga morna antes de deitarse.
Dixestión difícil, inapetencia: Decocción: férvese durante 2 minutos 15g de flores nun  litro de auga. Cólase o líquido, endúlzase e bébese unha cunca ó final de cada comida e  cada vez que a dixestión resulte laboriosa e difícil.
Infusión: póñense 30g de follas nun litro de auga fervendo. Cólase, endúlzase e bébense tres vasos ó día. Nos casos de inapetencia, bébese un vaso de infusión antes das comidas.
Neuralxia: Flores en bolsiña: énchese unha bolsiña de tea de flores e cósese a súa abertura. Despois ponse a quentar diante da estufa ou sobre o radiador. A bolsiña así preparada debe poñerse sobre a parte doída, e debido a que o lúpulo ten un efecto hipnótico, as dores neurálxicas cálmanse en poucos minutos.

 Bibliografía:
-Plantas medicinais (Editorial Tikal)
-Las plantas medicinales (Editorial D. Vecchi)
-Pag. Web wikipedia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario