jueves, 26 de mayo de 2011

Cetraria islandia

 (Cast: Liquen de Islandia; Gall.: Musgo islándico; Cat.: Lichen islandicus; Inglés: Icelandic moss)
Xénero:  Cetraria
Especie:  islandia
Familia: Parmeliaceae

É unha planta sen raíces que se adhire ó solo e ó tronco das árbores con filamentos curtos e ríxidos, formando matas. Parece unha planta seca e sen vida, con follas de cor olivácea.
Hábitat: Esta planta é orixinaria das rexións frías do hemisferio boreal, nos montes de coníferas das nosas rexións de montaña, dos 1000m en adiante, atopou condicións favorables de vida.
Reseña histórica:  Cetraria deriva do latín cetra que significa pequeno escudo, debido as pequenas fosas vermellas ou de cor castaño escuro, circulares e planas que se observan nas extremidades dos talos aillados. Islandica, pois era consumida como alimento en Islandic, aínda que non é moi común encontrala alí. Foi considerada planta medicinal a mediados do século XVII; Bartolino atribuíulle propiedades purgantes en 1671, e en 1698. Dompier recomendaba contra a mordedura de animais velenosos.

Sustancias que contén: Alto contido en mucílago, ácido fumárico amargo, ácido úsnico, algo de iodo, trazas de vitamina A, aceite esencial, amidóns.
Métodos de cultivo, recolección: O lique pódese recoller o longo de todo o ano, se ben é preferible desde finais da primavera ata principios do outono. Limparase das impurezas que leve pegadas e deixarase secar na sombra. Parte utilizada o talo.
Doenzas que cura: Debido o alto contido en mucílago, posee propiedades demulcentes ou suavizantes de mucosas, que fan indicado o seu uso no tratamento de gastrites, vómitos e dispepsia. Emprégase con frecuencia para tratar os procesos catarrais respiratorios e a bronquites. Ademais, grazas as súas propiedades nutritivas contribúe ó tratamento da caqueixa, que consiste nun estado de malnutrición e debilidade.

Métodos de preparación:
Asma, bronquites, diarrea: Decocción: lávase ben unha chisco de lique e férvese nun litro de auga durante poucos minutos ( o líquido desta 1ª decocción, que encerra a maior parte do principio amargo, debe tirarse) a continuación lávase o lique durante un minuto baixo a auga da billa e vólvese a ferver durante media hora nun litro de auga. Cólase a decocción, endúlzase con mel e tómase unha cullerada tres veces ó día.
Feridas: Tintura:póñense en maceración 20g en 100 ml de alcohol de 20grados durante 10 días. Efectúanse lavados e aplícase a tintura sobre as partes afectadas cun algodón.
Tose: Pasta de lique: macérase durante varias horas certa cantidade de lique en auga suficiente para cubrilo de forma abundante. A continuación cólase a mestura, lávase con abundante auga fervendo e férvese a fogo moderado durante media hora.  Penéirase, pésase e engádeselle un peso equivalente de azucre. Amalgámanse os dous ingredientes, e cócense ó baño María a fogo moderado, removendo sen cesar e retirando a espuma que se forma na superficie. Cando a pasta se condense o suficiente e adquira certa consistencia, déixase arrefriar  un pouco e consérvase nun frasco. Tómase unha cullerada cada vez que se manifeste tose persistente e violenta. Esta pasta tamén é útil para tratar as inflamacións dos bronquios e do intestino.

Bibliografía:
-Plantas medicinais (Editorial Tikal)
-Las plantas medicinales (Editorial D. Vecchi)
-Pag. Web wikipedia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario