domingo, 29 de mayo de 2011

Santolina chamaecyparissus

(Cast.: Cipresillo, guararropa, hierba piojera, manzanilla de Mahón; Cat.: Espernallac, Camamilla de Maó, Guarda roba; Gall.: Abrótano femia, Guarda roupa; Eusk.: Astakamamila ; Inglés: Garden cypress)
Trátase dunha planta con talo e follas carnosas de cor verde branquiño, as flores son cabeciñas amarelas. Toda a planta desprende un cheiro desagradable.

Xénero: Santolina
Especie: chamaecyparissus
Familia: Compositae
Hábitat: Moi común nas zonas meridionais que crece entre as pedras e nos solos áridos, areosos e pedregosos, preferentemente calizos. Espontánea na rexión mediterránea. Frecuente en toda España salvo no noroeste peninsular.
Reseña histórica: Santolina o nome xenérico é unha deformación do latino Sanctolina,  planta santa polas súas virtudes medicinais. Chamaecyporissus, de orixe grego, significa ciprés anano,  polo aspecto da planta.
Sustancias que contén: aceite esencial, taninos, sustancias amargas.

Métodos de cultivo e recolección: Require emprazamentos soleados e desenrólase en solos calizos e algo secos. Partes utilizadas: flores, cabeciñas. Recóllense durante o mes de xuño,  cando aparecen os capítulos floridos, única parte que se colecta, unha vez secos, gárdanse en bolsas como os da manzanilla .
Doenzas que cura:  Ten propiedades amargantes, tónicas, estimulante dixestivo, purificantes, cicatrizante (principios similares ós da manzanilla). Ten tamén propiedades antiespasmódicas e emenagogas. Tanto os capítulos como as follas e, principalmente os froitos, son antihelmínticos.

 Métodos de preparación:

Picaduras de insectos: Zume ou polpa: aplícase nas partes afectadas.
Como estimulante dixestivo  emprégase en forma de tisana, engadindo seis ou sete capítulos a unha cunca de auga fervendo.
Para combater as lombrices intestinais  utilízanse sobre todo os froitos pulverizados en doses de dous gramos deste polvo mesturado con mel, polo que tamén se coñece esta especie co  nome de herba lombrigueira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario