(Cast: Lino; Gall.: Liño; Cat.: Lli, Llinet; Eusk.: Lino, Liño ; Inglés: Flax)
É unha planta herbácea anual, que presenta finos talos, con numerosas follas lanceoladas e pequenas flores azuis no verán e froitos en pequenas cápsulas.
Xénero: Linum
Especie: usitatissimum
Familia: Linaceae
Hábitat: Planta orixinaria de Exipto, non é demasiado común entre nos en estado espontáneo, aínda que se cultiva en toda España a gran escala polas fibras téxtiles que se obteñen dos talos e as follas, e polo aceite que se extrae das sementes. Aparece en ladeiras rochosas.
Reseña histórica: é a primeira fibra vexetal que tivo aceptación na industria téxtil. O seu cultivo remóntase en Exipto ata o século IV a. C. Como é sabido, as momias exipcias soen estar envoltas en tecidos de liño. Dende o século XII documéntase Linum, que procede do grego linon, co significado de fío. As súas sementes producen un aceite secante que se utiliza na fabricación de lenzos para pintar.
Sustancias que contén: aceite que contén ácido linoleico, linolénico e oleico; mucílago, proteínas, sales de magnesio e potasio, linamarina, lecitinas.
Métodos de cultivo e recolección: As vainas cas sementes débense coller cando están totalmente maduras, a principios de outono.
Doenzas que cura: as súas propiedades son emolentes, refrescantes, laxantes, diuréticas, resolutivas. Pode empregarse no tratamento de calquera tipo de infección respiratoria, especialmente bronquites que cursan con forte conxestión. Sóese usar en forma de emplasto en caso de pleuresía e outras afeccións pulmonares, tamén para tratar herpes e psoriases. Actúa como purgante, combatendo o estreñemento.
Combinacións: mestúrase con mostaza para preparar emplastos para tratar afeccións respiratorias no peito. Para furúnculos e inflamacións úsase con raíz de malvarisco e Ulmus rubra.
Métodos de preparación:
Bronquites: infusión: ponse nunha cunca de auga fervendo unha cullerada de sementes, déixase arrefriar un pouco, cólase e bébese pola noite antes de deitarse.
Sementes: crúas, peladas e lavadas, unha cullerada de sementes inxeridas sen mastigar beneficia de forma especial ás afeccións bronquiais.
Colites: infusión: ponse en remollo pola noite una cullerada de sementes nun vaso de auga e pola mañá bébese todo.
Diabetes: decocción en 1,5 litros de auga férvense durante media hora 20g de sementes de liñaza, 20g de peles de xudías, 20g de follas de arándano e 10g de alquimila. Cólase o líquido e bébese unha cunca antes de cada comida.
Estreñimento: infusión: prepáranse tres cuncas de infusión de manzanilla, cando esté quente, pero non fervendo, engádense tres culleradas de aceite de liñaza, una chisco de sal de cociña e por último unha chisco de xabón de calidade rallado. Axítase o líquido e emprégase antes de que se arrefríe de todo. Tamén resulta eficaz para eliminar as lombrigas intestinais.
Flebites: decocción: férvense durante 20 minutos 50g de sementes en 3 litros de auga. Cólase o líquido a través dun pano e esmáganse ben as sementes para que saia o mucílago. Co líquido morno faise uns baños da parte enferma, ou ben aplícanse compresa.
Hemorroides: Auga de sementes: vértense sobre 30gde sementes enteiras e peladas 150 ml de auga morno , remóvese durante largo rato e logo déixase repousar a infusión durante aproximadamente 6 horas. Cólase a través dunha peza de liño y esmágase ben para que saia o mucílago. Para obter a auga de sementes hai que calcular unha parte de mucílago e trinta de auga temperá. O preparado debe tomarse repartido en varios vasos durante o día.
Inflamacións da gorxa: Infusión: prepárase unha infusión cunha cullerada de sementes e unha cunca de auga fervendo. Cólase o líquido e, cando esté morno, emprégase para facer gargarismos.
Inflamacións intestinais: Decocción: durante 10 minutos férvense 50g de sementes de liñaza e un trociño de pel de limón en medio litro de auga. Cólase o líquido, endúlzase con mel e tómase unha cunca despois das comidas.
Infusión: nunha cunca de auga quente aromatizada cun trociño de pel de limón ponse en infusión unha cullerada de sementes. Déixase arrefriar un pouco o líquido, endúlzase e bébese a metade pola noite antes de deitarse e a outra metade pola mañá ó espertar.
Usos domésticos: Masilla: se é necesario cubrir hermeticamente fisuras de recipientes e tuberías, para impedir a perda de líquidos ou gases, basta amasar a partes iguais cola de amidón e fariña de liñaza, e aplicar a masilla na parte que se desee reparar.
A cola de amidón obtense a partir da disolución de amidón en auga ( a proporción é de 120g de amidón por cada litro de auga), ponse o recipiente sobre a chama moi baixa, apártase do fogo cando a masa resulta aínda acuosa e déixase repousar.
Bibliografía:
-Plantas medicinais (Editorial Tikal)
-Las plantas medicinales (Editorial D. Vecchi)
-Pag. Web wikipedia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario