jueves, 9 de junio de 2011

Krameria triandra

Krameria triandra

Nome científico: Krameria triandra
Nome común: -castellano: ratania, estancadera, pumacucha, pumachucu
                        -catalán: ratània
                        -inglés: rhatany root
Xénero: Krameria
Especie: Krameria triandra
Familia: Poligalaceae



Descrición:
Arbusto que posúe unha raíz moi ramosa, horizontal e moi longa. Ten a cortiza grosa, de cor marrón avermellado e de cor vermella no seu interior. O seu talo é redondo e tamén moi ramoso. Cando son novos son de cor esbrancuxada e velludas pero ao facerse adultas vólvense de cor escura e espidas. As follas son alternas, sesiles, oblongas-ovadas e con peciolos curtos. As flores son de cor avermellada, grandes. O seu cáliz posúe catro sáibaos. O maior, de cor clara, é o que aparece na parte inferior. O seu corola ten catro pétalos, os superior espatulados e os dous laterais cóncavos e redondeados. Os froitos son drupas secas e pilosas cuns aguillóns. No seu interior hai unha ou dúas sementes.

Hábitat:
É orixinario da Cordilleira dos Andes, onde medra a unha altura de 900 - 1200 metros, en terreo secos, areosos ou de grava.

Sustancias que contén a planta:
- Taninos (18%)
- Krameriatanino
- Ácido ratanotánico
- Ratanina (N-metiltirosina)
- Ceras
- Gomas
- Azúcares
- Lignina
- Ácido catéquico
- Ácido protocatéquico
- Oxalato de calcio
- Almidón
- Auga (10%)
- Materias minerais (5%)



Métodos de recolección:
Desecación da raiz.

Doenzas que cura:
-Afeccións da cavidade oral (grazas ao seu alto contido en taninos)
- Tumefaccións dos beizos
- Irritacións e hemorraxias das mucosa xinxival
- Diarreas
- Enteritis simple e hemorráxicas
- Amebiasis
- Hemorroides
- Fisuras anais
- Menstruación excesiva
- Vaxinitis
- Anxinas
- Farinxitis
- Glositis
- Úlceras bucais
- Pastas dentríficas (po de ratania)

Métodos de preparación:
Po: de 0,5 a 1,5 gramos tres veces ao día.
Decocción: 1,5 gramos por cada cunca.
Tintura: de 0,5 a 3 gramos por día.
Extracto fluído: de 20 a 50 pingas dúas ou tres veces por día.
Tintura nai: 30 pingas tres veces ao día.
Extracto brando hidroalcohólico: de 0,1 a 0,2 gramos vasrias veces ao día.
Extracto seco acuoso: de 0,05 a 0,15 gramos dous ou tres veces ao día.
Tintura ao 20%: ata 10 gramos por día.
Supositorios astringentes: 0,2 gramos de extracto seco de Krameria triandra. Cantidade suficiente para un supositorio de manteiga de cacao.

Páxinas web:

1 comentario: