lunes, 6 de junio de 2011

Saponaria oficinalis


Nombre comun:Galego(Saponária),Castelan(Saponaria,Lanaria),Catalan(Saboneta,Sabó de gitana),Euskera(Txaboibelarr),Ingles(Soaproot)

Ubicación filoxenética:
Especie (S.officinalis) ó Xénero (Saponaria) Familia(Caryophyllidae).


Habitát
Crece practicamente en todas as partes da rexión Mediterránea e sobre todo nos bordes húmidos dos camiños.
É unha planta herbácea vivaz e perenne con rizoma subterráneo e raíces laterais.O talo e robusto e erecto,alcanza unha alturande 30-60 cm.As follas son lanceoladas de cor verde palido.As flores son tubulares e o cáliz cilíndrico.O froito é unha cápsula oblonga con numerosas sementes.



Reseña histórica:
Na Grecia antiga xa se facia gran uso desta planta polos médicos da época.Saponaria deriva do latín sapo=(xabon),en alusión as propiedades detersivas que teñen as súas raíces ao contacto da auga.


Sustancias  que conten a planta:
Os compoñentes activos que conten a planta son;Saponia (contida na raíz e na sua máxima concentración xusto antes da floración),Flavonoides,acido glicérico,aceite esencial.


Metodos de cultivo e recoleción

Florece  en primavera e verán, a partir do mes de maio. Para uso medicinal recóllense o rizoma e as raíces principalmente, aínda que tamén os talos poden conter principios activos. É moi importante que a recolección se faga sobre plantas maiores, xa que os principios activos aumentan a medida que a planta se desenvolve. Unha vez recollidos a raíz e o rizoma, despóxanse das súas partes verdes e póñense ao sol ou en secadoiro, a unha temperatura que non supere os 65ºC.



Doenzas que cura:
Polo seu contido en saponarias,que son unhas sustancias irritantes,utilízase como espectorante,para expulsar as secrecións de bronquios e larinxe (trdicionalmente en infusións e mesturadas con mel). Tamen se utiliza para aliviar o picor producido por eccemas e erupcions cutáneas.
E necesario utilizala con prudencia, xa que os seus principios activos,tan beneficiosos para as bronquites e os picores da pel,son moi nirritantes pra as mucosas en xeral.


Metodos de preparación:
Hai que recordar que o seu uso debe estar suxeito a control médico.
.- Decocción. Prepárase a partir de 15 gr de raíz por litro de auga. Férvese durante 2 minutos. A dose indicada é 1 cunca ao día, media hora antes das comidas. Non se pode deixar macerar porque pode resultar tóxico.
.- Xarope. Preparado de xeito tradicional, con 60 partes de azucre e 40 de auga, para engadir a continuación a cantidade suficiente de raíz. Tómanse de 1 a 3 culleradas ao día.
.- Extracto. Pódese utilizar ao 2% en forma de gargarismos
.


páxinas web:
www.zonaverde.net
www.hipernatural.com
www.asturnatura.com
www.vivelanaturaleza.com
www.wikipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario