jueves, 2 de junio de 2011

Melissa officinalis

CASTELAN: Melisa
INGLES: Balm

Xenero: Melissa
Especie: Melissa officinalis
Familia: Labiatae

HÁBITAT: A melisa é originaria da conca do Mar Mediterráneo. Difundida polo cultivo, naturalizouse en toda a Europa templada. Medra de forma silvestre en prados húmedos, claros de bosque, a veira dos ríos ou en setos e campos cultivados, sobre solos ricos en materia orgánica.
Require solos areosos, ben drenados, e non é esixente en materia de sol. Salvo en climas cálidos, perde o ramaxe en invierno, volvendo a brotar a comezos de primavera.

HISTORIA: O seu nome, en griego significa abella de mel, xa que atrae as abellas polo seu aroma tan exquisito a limón. Os árabes, no seculo X, consideraban a melisa como a planta do corazón, tanto en sentido estricto (utilizabase contra cualquera alteración cardíaca e para regular o latido), como en sentido metafórico (recomendabase para repoñerse da tristeza, dos desánimos, etc.).


RECOLECCIÓN: Cando alcanzou suficiente desarrollo, cortar ramas co cal podemos obtener a herba seca que manterá o perfume.  Para elo cortarlas, formar atadiños e colgalos cas follas para baixo nun lugar ben ventilado, pero a sombra. En poucos días estarán as follas crujientes, é o momento de moelas y gardalas en frascos ben cerrados.

DOLENCIAS: A melisa é renombrada principalmente como herba relaxante e boa para o corazón. Na medicina popular  usase contra a ansiedad e a depresión así como para calmar as palpitacions do corazón. Hoxe en día apreciase todavía como bebida tónica e sedante que, según a lenda, conten a fórmula da longevidad. Era moi estimada polos estudiantes, xa que alonxaba a pesadez da mente, aumenta o entendemento e a memoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario