jueves, 9 de junio de 2011

Retama sphaerocarpa

Retama sphaerocarpa

Nome científico: Retama sphaerocarpa
Nome común: -castellano: retama amarilla, retama común
                        -catalán: ginesta vimatera
Xénero: Retama
Especie: Retama sphaerocarpa
Familia: Fabaceae



Descrición:
É un arbusto dun a dous metros de altura, con infinitas ramas mimbreñas, sedosas e diminutas follas no ápice que se desprenden prontamente do arbusto. Ao longo das ramas máis antigas nacen acios de flores de moi pequeno tamaño e de cor amarela; os froitos son redondeados, de cuberta endurecida e córnea e conteñen unha gran semente negra no seu interior.

Hábitat:
Nativa do noroeste de África e da Península Ibérica. Medra en matogueiras producidas pola degradación dos encinares e en piñeirais.

Reseña histórica:
Din que antigamente buscaban neste arbusto a inmortalidade, dicindo que no profundo da súa raíz, como asida dunha raíz delgada, que baixa profundísima, áchase certa bola redonda, que eles chaman panacea, a cal, comida, fai volver nacer dentes e moas, desofusca a vista, tingue o pelo, renova o sangue e virtude vital e volve os vellos de trinta anos.



Sustancias que contén a planta:
Na cortiza e nas ramas áchase un alcaloide chamado retamina que se atopa nunha concentración do 0,4%.  Así como outro alcaloide denominado paquicarpina que é, en realidade, a desparteina, estruturalmente a fin ao anterior alcaloide.

Métodos de recolección:
A retama común florece entre maio e xuño. En canto á recolección con fins medicinais interésannos as ramas e as flores; o cáliz das flores é bilabiado: o beizo superior está dividido en dous lóbulos triangulares e o inferior en tres dientecitos agudos e aos lados do cáliz ven sendas brácteas. Na recolección ha de terse sumo coidado en non estragar o resto da planta para poder dispor dela ao ano seguinte.



Doenzas que cura:
Usouse como purgante e en afeccións do aparello respiratorio e febres eruptivas. Estreñimento, retención de líquidos, oliguria.

Métodos de preparación:
En infusión, ferver un litro de auga, engadindo sobre ela 25 g de flores ben secas. Desta infusión pódense tomar de 2 a 4 cuncas por día. As flores débense coller dunha nunha cando están recentemente abertas, refugando aquelas que teñan os pétalos marchitos. A desecación debe ser rápida, mantendo, unha vez secas, a súa fermosa cor amarela.
Baños quentes para o ácido úrico.

Páxinas web:
montesdemalaga.org
herbariovirtualbanyeres.com
gratiszona.com
wikipedia.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario