lunes, 6 de junio de 2011

Paronychia argentea

Nombre comun:Galego(Paronichia),Castelan(Paroniquia), Catalan(Paroníquia),Ingles(Whyte lowwort)

Ubicación filoxenética:
Especie (P.argentae) ó Xénero (Paronychia) Familia (Caryophyllaceae).

Hábitat:
Pódesea encontrar por toda a Península, especialmente na metade sur e en zonas próximas ás praias.Críase en terreos con area, pedras ou zonas con moita auga.
A Paronichia é unha planta vivaz que alcanza como máximo dous palmos de altura se se encontra nun terreo axeitado para o seu crecemento.
O talo é normalmente nudoso e cun montón de ramas que o rodean. As follas nacen nas ramas e encóntranse enfrontadas, de dous en dous; son bastante pequenas, estreitas e forman unha soa peza, é dicir, non están divididas en segmentos..



Reseña histórica:
"O uso medicinal destas plantas que, cando foi redactado o manuscrito (entre o ano 1095 e principios do século XII, segundo estimaba Asin), considerábase adecuado "para pechar as feridas frescas cando se aplica esta planta machucada, en cataplasma". Este uso perdura aínda actualmente entre as xentes do pobo, e a el alude o nome de sanguinaria.
Para as almorrás que doen moito, que son as que non purgan, toma unha pouca desta herba, e recibindo o fume desta herba por un bo anaco,( faise unha vez ao día),  notaras alivio, en duas ou tres veces quedarás san.. "

Sustancias  que conten a planta
A composición desta planta non foi moi estudada, pero sempre se utilizou como emplasto para curar feridas, utilizando a planta fresca e tierna.Ademais tamen ten propiedades diuréticas e astrinxentes

Metodos de cultivo e recoleción
A época de floración comeza na primavera e continúa durante os meses de verán. As flores son pequenas, nacen entre as follas e agrúpanse en ramalletes moi numerosos. Están formadas por un cáliz composto de cinco sépalos que teñen os bordes con aristas; carecen de corola e é moi difícil aprecialas, xa que se encontran envolvidas por follas membranosas. Só se ven ben cando lles dá o sol directamente.
A parte utilizada é a parte aérea, que se pode recoller durante todo o ano, aínda que é preferible facelo na época de floración, cando os compoñentes da planta se encontran máis activos.



Doenzas que cura:
A Paronichia utilizouse principalmente como remedio caseiro para curar feridas con emplastos da planta fresca.
É tida por diurética e astrinxente. Como diurética, e para "purificar o sangue", empregase en coción. Como astrixente, e para facilitar o cicatrizamento das feridas mediante emplastos.
En xeral, é unha planta que favorece o bo funcionamento das vías urinarias, como case todas as que teñen propiedades diuréticas.
Antigamente tamén se empregou para previr a reuma, pero sempre de forma caseira, xa que nunca estivo moi integrada como planta terapéutica nos círculos farmacéuticos.
Tamen se usa para temperar o sangue,

Metodos de preparación
- Coción. Ponse un litro de auga a quentar e engádense 30 gr da planta; déixase arrefriar e cóanse os restos. Toma unha cunca despois das comidas, como diurético. Se o sabor non resulta moi agradable, pódese adozar o preparado con azucre ou mel.
.-Emplasto. Colócase a planta fresca nun morteiro e tritúrase ata deixala moi esmiuzada. Ponse nun trapo húmido, preferiblemente de algodón. Todo este preparado aplícase enriba das feridas, coma se fose unha venda, e con iso conséguese que se curen (sen infeccións) en menos tempo.


páxinas web:
www.zonaverde.net
www.hipernatural.com
www.asturnatura.com
www.vivelanaturaleza.com
www.wikipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario