jueves, 9 de junio de 2011

Quercus robur

Quercus robur

Nome científico: Quercus robur
Nome común: -castellano: roble
                        -catalán: roure
                        -euskera: areitz
                        -inglés: oak
                        -galego: carballo
Xénero: Quercus
Especie: Quercus robur
Familia: Fagaceae



Descripción:
Árbore caducifolia de copa ampla, aovada, redondeada ou irregular. Tronco dereito, curto e moi groso nos exemplares illados; cortiza grisácea ou esbrancuxada, moi resquebraxada. Follas grandes, simples, en disposición alterna, de cor verde intenso polo feixe e máis pálidas, pola cara inferior, co borde máis ou menos lobulado. Froitos chamados landras, colgantes sobre un longo pedúnculo, con caparuza ou cascabillo de escamas case planas.

Hábitat:
Orixinario de Europa, forma grandes extensións de bosques, é moi común na Península Ibérica. Dende o nivel do mar ata uns 1000 m de altitude, nos chans profundos e frescos, principalmente nos desprovistos de cal e algo húmidos. Require un clima húmido, oceánico, onde se acuse pouco a seca estival e é algo resistente ao frío.



Reseña histórica:
O carballo foi considerado como árbore sagrada polos celtas, chamábanlle kaer quez ( onde derivou a palabra Quercus), que significaba “bella árbore”, a cal consideraban un altar verde no que Dios se lle manifestaba. Facíanlle ofrendas como guerreiros que lle colgaban as pertenzas dos seus inimigos ou rapazas que lle colgaban das ramas colares de flores. Non practicaban ningunha ceremonia sagrada sen usar ramas de carballo.

Sustancias que contén a planta e doenzas que cura:
Polo seu alto contido en acedo tánico emprégase como antidiarreico, administrado por vía oral; pero esa mesma abundancia de acedo tánico pode provocar gastrite, ocasionando vómitos en persoas moi sensibles, polo que é máis recomendable a súa administración logo das comidas.
Por vía externa, a súa aplicación serve para contrarrestar feridas, hemorroides, eccemas e queimaduras. Tamén posúe acción antiinflamatoria, antiséptica e antipirética, polo que resulta apropiado en casos de farinxitis, estomatitis, amigdalites e vaxinitis.
Actúa tamén como hemostático en casos de hemorraxias nasais, gástricas, uterinas funcionais e ata en dismenorreas. Usouse como remedio de moitas enfermidades, aínda que posteriormente caeu en desuso.



Métodos de recolección:
A corteza arráncase en primavera dos exemplares de 15-20 anos. As bellotas recóllense cando maduran.

Métodos de preparación:
En infusión 2 gramos de follas por cada cunca, deixándoo en contacto coa auga en ebulición durante 10 minutos; pódese administrar ata tres veces ao día.
En po de cortiza, en forma de cápsulas pódense tomar ata 3 gramos ao día.
En colutorios, 15 gramos de cortiza por cada litro de auga, deixándoo en ebulición durante 10 minutos. Esta mesma preparación pódese empregar para facer gargarismos.
En lavados, 70 gramos de cortiza en cada litro de auga, deixándoo ferver durante 10 minutos. Actúa como astrinxente en feridas, úlceras...

Bibliografía:
“El gran libro de la jardinería” Ediciones Rueda

No hay comentarios:

Publicar un comentario