miércoles, 8 de junio de 2011

Ruscus aculeatus

Nome científico: Ruscus aculeatus
Nome común: -castellano (rusco, acebillo, acebo menor, escoba de carnicero)
                        -catalán (rusc)
                        -eusquera (errats)
                        -inglés (butcher's broom, knee-holly)
Familia:  Ruscaceae
Xénero: Ruscus
Especie: R. aculeatus



Descripción: é un pequeno arbusto de 30 a 80 cm de altura de cor verde escuro, con rizomas subterráneos dos que saen talos florais masculinos ou femininos, en ambos os dous casos presenta dous tipos de talos, os normais son lisos e redondeados, mentres que os outros teñen falsas follas, de forma ovolanceolada de 2 a 3 cm de lonxitude e acabadas cunha punta ríxida e punzante. As follas verdadaderas son moi pequenas, como escamas que normalmente pasan desapercibidas, aparecen nas axilas e teñen entre 3 e 4 mm de lonxitude. Toda a planta fai a fotosíntese a excepción das follas verdadeiras que se desprenden rapidamente. As flores son pequenas, verdosas ou violáceas, situadas no centro con seis tépalos en dous verticilos; as femininas son tricarpelares con ovario súpero mentres as masculinas teñen tres estames soldados polos filamentos, a polinización faise por medio dos insectos (entomògama); florece en inverno e en primavera, mentres que en outono e inverno, nas plantas femininas, aparece o froito en forma de baga vermella de 10 a 12 mm de diámetro con dúas sementes e que destaca sobre o verde escuro da planta; a diseminación faise por medio das deposicións dos animais que comen os froitos (endozoocora).

Hábitat: é orixinaria de Eurasia e en Europa crece principalmente ao sur do continente. Vive dende o nivel do mar ata os 1000 msnm de altura no sotobosque centroeuropeo e mediterráneo, aínda que tamén o encontramos no norte de África e Asia. Prefire os chans básicos, secos e fértiles e as zonas sombrías.


Metodos de Cultivo:- Luz: cultivar en sombra ou semisombra, non a pleno sol.
- Rego regular, escaso en inverno; regar cando o terreo estea case seco.
- Multiplicación: por gallos en primavera e por división das macollas.
Usos: -Utilízase contra hemorroides e varices, grazas aos seus compoñentes que son vasoconstritores e antiinflamatorios. Aplícase en forma externa e utilízase o seu rizoma, raíz e follas.
-Reduce tamén a celulite e ao conter rutósido, axuda ás pernas varicosas e cansas; tamén axuda contra a flebite e mellora a circulación,
-Tamén é bo diurético e posúe propiedades febrífugas. Moi recomendable contra os cálculos da vesícula, axuda á febre e contra a gota e artrite, xa que axuda a eliminar o ácido úrico, propiciando unha maior sudación.

Outros usos: - Polo parecido dos seus froitos cos do acivro, todos os anos se recollen no nadal grandes cantidades de rascacú co afán de imitar o primeiro, causando unha deterioración considerable das poboacións desta especie tan rechamante e característica dos nosos bosques.
- Tamen se empréga en xardineria para a formación de pequenas sebes ou pequenas manchas dun bo valor ornamental cando sobre a planta están presentes os froitos vermellos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario