lunes, 6 de junio de 2011

Salix alba


Nombre comun:Galego(Salgueiro),Castelan(Sauce blanco), Catalan(Saule),Euskera(Zamalikarr),Ingles(white willow)

Ubicación filoxenética:
Especie (S.alba) ó Xénero (Salix) Familia (Salicaceae).

Hábitat:
Encontrase en zonas templadas, como o centro e sur de Europa, o norte de África e o oeste asiático, aínda que, en menor medida, tamén se pode ver en Norteamerica. Necesita estar en lugares húmidos e non soporta as temperaturas extremas
Para o seu bo desenvolvemento o ideal é un terreo pedregoso, areento e forte, sempre que o fondo este húmido,pero non con auga estancada,xa que poden podrecer as raices.
con fins curativos, para o que se utilizan as follas, os amentos (flores masculinas) e a codia, que presenta unha parte externa rugosa con pencas elípticas e de cor avermellada ou gris parduzco, mentres que a cara interna é amarelenta con estrías lonxitudinais; a codia é inodora e caracterízase polo seu sabor amargo. Destes elementos extráese a salicina (glicósido de saligenia) que tamén recibe o nome de alcohol salicílico.



Reseña histórica:
Salix alba era coñecida polos antigos pola súa virtude antipirética. O seu contido de Salicin foi descuberto por Leroux en 1827 e o salicilato de sodio foi usado por primeira vez como terapéutico na febre reumática por Buss en 1875. Posteriormente outros autores publicaron diferentes recompilacións demostrando os seus múltiples efectos terapéuticos.

Sustancias  que conten a planta
* salicina gluoside 
* flavonoidi 
* tannini 
* glucosidi fenolici 
* populina 
* ácido salicitannico 
* isoquercitrina 
* naringina 

Metodos de cultivo e recoleción.
A folla e os amentos femeninos recollense no veran antes da formación do froito



Doenzas que cura:
A salicina ten múltiples propiedades: así, se pode utilizar para baixar a febre, ou como analxésico para dores leves e moderados; como antirreumático, como efectivo antiinflamatorio e lixeiramente sedante. E debido a que tamén conta cunha cantidade considerable de taninos, posúe así mesmo un carácter astrinxente(cicatrización das feridas). Grazas a todas estas propiedades, adóitase empregar en casos de reumatismo, neuralxias, cefaleas, dismenorreas, catarro, gripe e desordenes biliares.
Analxesia: Os salicilatos alivian a dor por efecto periférico e sobre o sistema nervioso central
isto explícase pola inhibición da síntese de prostaglandinas nos tecidos inflamados, bloqueando a sensibilidade dos receptores á dor. Tamén se describiron efectos directos a nivel do sistema nervioso central, en canto a analxesia e antipiresis; sen causar trastornos mentais nin hipnose, nin cambios nas modalidades de percepción agás a dor. Tampouco modifican as vías reticulares que participan na vixilia e no dominio da atención.

Antipiresis: Os salicilatos diminúen a temperatura corporal en pacientes febrís, volvendo fixar o "termóstato" a nivel central, antagonizando o efecto piroxénico do axente indutor de febre: ben sexa o piróxeno leucocitario ou bacteriano ou doutra índole. Isto faino mediante o establecemento de competencia cos piróxenos cara a sitios receptores nos centros termorreguladores do hipotálamo e tamén por inhibición da síntese de prostaglandinas.
Indicacións



Metodos de preparación
 - Infusión. Empréganse os amentos e as follas; prepáranse 5 gramos por cunca, déixase en coción durante dez minutos e toman tres cuncas ao día.
- Extracto fluído. Obtense a partir dos amentos e débese tomar unha culleriña de extracto dúas veces ao día. Se o extracto fluído é de codia e follas, usaranse de 20 a 30 gotas tres ou cinco veces ao día, por ser este menos activo.
- Decocción. A codia férvese durante dez minutos cunha relación de 25 a 50 gramos de codia por litro de auga, deixando macerar durante 12 horas. Deste preparado tomarán tres cuncas ao día.
- En po. Extraido da codia, habitualmente tómase de 0,5 a 5 gramos ao día; pódese tomar con mel ou en xarope.

páxinas web:
www.zonaverde.net
www.hipernatural.com
www.asturnatura.com
www.vivelanaturaleza.com
www.wikipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario