jueves, 16 de junio de 2011

Coriandrum sativum

Nome galego: Coentro, ceandro, xendro.
Nome castelán: Coriendro, cilantro.
Nome catalán: Coriandre, ciliandre, xalandri.
Nome euskera: Martorri.
Nome inglés: Coriander.

Ubicación filoxenética
Xénero: Coriandrum.
Especie: sativum.
Familia: Apiaceae.

Hábitat
As súas orixes parecen incertas, aínda que xeralmente considérase nativo do Norte de África e do Sur de Europa (zona Mediterránea)
Resiste ben ao frío, se ben non tolera terreos enchoupados.

Reseña histórica
É unha planta moi antiga da que se sabe que era cultivada en Exipto hai 7000 anos.
O nome "cilantro" significa en grego "chinche" facendo alusión ao forte cheiro que despide esta planta.

Sustancias contidas
Aceite esencial
Monoterpenos: -f-terpineno, pcimeno, limoneno.
Monoterpenoles: D-linalol.
Esteres terpénicos: Acetato de geranilo.
Monoterpenonas alcanfor. Trazas de cumarinas e furano-cumarinas: umbeliferona, bergapteno.
Graxas con contidos de 5-sitosterol, triacantano, triacantonol, tricosanol, ácido A5-octadecanóico.
Flavonoides: quercetol-3-glucurónido, rutósido, isoquercetol.
Taninos.
Acedos fenólicos.


Métodos de cultivo, recolección e preparación. Doenzas que cura.
En infusión ao 2 %, ferver 10 minutos. 2-3 cuncas ao día despois das comidas.
Pingas (1/5): 10-20 pingas/doses, 2-3 veces/día despois das comidas.
Extracto fluído (1 g = 52 pingas): 30-40 pingas/doses, 2-3 veces/día.
Aceite esencial: 1-111 pingas/doses, 2-3 veces ao día, despois das comidas.
Meteorismo, dixestións lentas, gastritis, espasmos gastrointestinais, enterocolitis.
Hipertensión arterial, enfermidade de Raynaud.
Cistitis colibacilares, uretritis.
Amenorrea, transtornos da menopausa.
En uso tópico: Artralgias, odontalxias.
En grandes doses internas pode ter efecto narcótico.
Tamén se emprega coma aderezante.

Cupressus sempervirens

Nome galego: Ciprés, Cipreste.
Nome castelán: Ciprés del Mediterráneo. Nome catalán: Xiprer, xifrer.
Nome euskera: Nekosta, Gau arbola.
Nome inglés: Mediterranean cypress.
Ubicación filoxenética
Xénero: Cupressus
Especie: sempervirens
Familia: Cupressaceae
Hábitat
Orixinario de Europa Oriental e Asia Occidental (rexión do mar Exeo), moi cultivado como ornamental, é unha árbore típica nos cemiterios. Ten gran lonxevidade, existindo exemplares con máis de 1.000 anos.
Existen masas de certa consideración en Creta, Chipre e Rodas. Tamén na parte occidental de Siria, Líbano e Xordania.
No Norte de África só quedan zonas de certa importancia no Norte de Libia como reminiscencia das grandes árbores que poblaban todo o Norte dese continente.

Reseña histórica
Crese que o nome tomouno da illa de "Chipre“
Outros especialistas cren que pode proceder de Cyparisso, asistente de Apolo, que se converteu en Ciprés despois que matase o cervo de Apolo por erro. Tanta foi a súa dor e as súas bágoas que, ao non poder ser consolado por Apolo, caeu rendido ao chan e a súa carne transformouse nun ciprés. Ao ver que se transformaba nunha árbore grande e forte Apolo díxolle que estivese presente nos rituais dos mortos.
Tanto en Grecia como en Roma os cipreses constituíron o símbolo da inmortalidade e tamén da hospitalidade. Non é de estrañar, por tanto, a presenza habitual desta árbore xunto ás casas e os cemiterios. Unha presenza que se mantivo até os nosos días.
Aparece descrito en numerosas referencias clásicas. Teofrastro ( 372-287 A.C.), filósofo grego descríbeo como unha árbore dedicada ao deus da morte (Hades) pola súa capacidade para rebrotar despois que se lle corta o tronco.
O exemplo mais claro da supervivencia desta árbore témolo no exemplar de Soma na Lombardía italiana. Dise que ten máis de 2000 anos de antigüidade pois foi plantado o mesmo ano do nacemento de Xesucristo. Ten máis de 30 metros de altura e o seu tronco alcanza os 7 metros de diámetro.
Dise, por exemplo, que a Arca de Noe, foi construída con madeira de ciprés.
Herodoto conta que as momias exipcias eran enterradas en sarcófagos construídos con esta madeira. Tamén o historiador grego Tucidides (460 - 400 A.C.) afirma que os heroes mortos por Grecia eran enterrados en cadaleitos confeccionadas con ciprés e que igualmente eran realizadas as estatuas dos deuses para que "non fosen obxecto de descomposición".
O filósofo grego Platón ( 428- 347 A.C.) escribe como as leis deberían gravarse en madeira de ciprés por ser máis resistente que o metal.
As portas da Basílica de San Pedro no Vaticano teñen máis de 1000 anos e son de Ciprés.
A importancia da madeira do ciprés na industria naval determinou que moitos bosques de cipreses fosen talados na antigüidade para a construción de barcos. O exemplo máis claro témolo na expansión do Imperio Turco entre os séculos XIV e XVI ao longo de todo o Mediterráneo. A necesidade de dispor dunha gran frota que facilitase e controlase o seu gran imperio supuxo a deforestación de grandes bosques de cipreses na Península Anatólica e o Norte de África.
Anteriormente Alexandre Magno confeccionara a súa frota con madeira de ciprés plantado especialmente en Babilonia.

Sustancias contidas
Aceite esencial.
Monoterpenos.
Sesquiterpenos.
Sesquiterpenoles.
Diterpenoles labdánicos.
Acedos diterpénicos: neocuprésicos.
Abundantes dímeros flavánicos.
Taninos.
Acedos glicérico e glicólico.

Métodos de cultivo, recolección e preparación. Doenzas que cura.
Pó: de 0,1 a 0,5 g por dose, cun límite de 10 g diarios.
Infusión: 30 g por litro de auga.
É febrífugo polo que se indica para febres intermitentes e tamén resulta ser un tónico amargo aconsellado en dixestións lentas e difíciles.
Ademáis é un recurso fronte ás neuroses nocturnas, afeccións venosas: varices, hemorroides, flebite, tromboflebite. En situacións de disturbios menopáusicos, diarreas, tose espasmódica ou irritativa, farinxite, traqueite, bronquite, feridas ou úlceras varicosas.
Pode provocar vómitos se se inxire por vía oral.

Cuminum cyminum

Nome galego: Comiño.
Nome castelán: Comino.
Nome catalán: Comí.
Nome euskera: Komino, Uzta belarr.
Nome inglés: Cumin.

Ubicación filoxenética
Xénero: Cuminum.
Especie: cyminum.
Familia: Umbelliferae.

Hábitat
Ten a súa orixe na  rexión Mediterránea e é cultivado  principalmente en  zonas de clima tépedo cálido.

Reseña histórica
Era unha planta xa coñecida na época precristiá. Foi empregado polos antigos exipcios hai 5000 anos.
Teofrasto, filósofo e botánico grego, opinaba que "o comiño ten que ser maldicido e insultado en seméntaa para que dunha colleita abundante".
Segundo Plinio, o comiño era unha das especies máis apreciadas que se mesturaba co pan, a auga ou o viño.
Tamén Dioscórides fala dun comiño hortense e outro salvaxe: Este último típico de Cartaxena e ambos con connotacións de condimento alimenticio e máis coma elemento medicinal.
Ao redor do século XVI chegou a America Latina a través dos conquistadores españois.
Aínda que na antigüidade o comiño era símbolo da avaricia, na Idade Media a cultura popular dotou ao comiño do poder da fidelidade polo que se empregou como amuleto nas vodas ou como elemento protector xa que, por exemplo, cando un soldado alemán partía á guerra levaba consigo unha botella de viño e un anaco de pan condimentado con comiñoe que fora elaborado pola súa noiva ou esposa.
O seu uso foi diminuíndo de forma gradual substituíndose pola Alcaravea (comiño de prado), de sabor e aroma similar pero menos intenso.

Sustancias contidas
O Comiño contén como principios activos:
Aceites esenciais: Monoterpenos, Sesquiterpenos, Monoterpenais, Monoterpenois, Aldehidos e Cumarinas. 
Monoterpenos, Mono e sesquiterpenois, Aldehidos, Esteres, Flavonoides.
Taninos, resinas e gomas.

Métodos de cultivo, recolección e preparación. Doenzas que cura.
Uso en infusión, 2-3 tazas/día.
Uso en extracto fluido (1 g = 40 pingas) pingas/dose, 3 veces ao día. O extracto ten acción antiinflamatoria e antiagregante.
Aceite esencial, como antihelmíntico: XV a XXV gotas/día repartidas en 2 a 3 tomas administradas sobre un terrón de azúcar.Indicado en casos de cólicos intestinais, diarrea, flatulencia, dispepsias nerviosas hiposecretoras, meteorismo, flatulencias, espasmos gastro-intestinais, gastroenterite, enterocolite, gastralxias nerviosas, parasitose intestinal en fase larvaria, oliguria, amenorrea, dismenorrea...

Equisetum arvense

Nome galego:   Cola de cabalo.
Nome castelán: Cola de caballo, Cola de rata, Equiseto.
Nome catalán:  Cua de cavall, cua d'euga.
Nome euskera: Eztainu-bela.
Nome inglés:    Horssetail.
Ubicación filoxenética
Xénero: Equisetum.
Especie: arvense.
Familia: Equisetaceae.


Hábitat
Esta planta medra en solos húmidos temporalmente inundados en Eurasia, Norteamérica e algúns lugares de África.
Reseña histórica
O seu nome botánico, “equisetum”, deriva da combinación de ”equus” cabalo e "sacta” cerda, xa que os talos son tan duros como as cerdas dos cabalos e “arvensis”, o nome da variedade, significa “campo” e indica o hábitat de la planta.
Antigamente, dicíase que era a "herba encantadora de serpes". Cos seus talos ocos facíanse chifres que se dicía que atraían e fascinaban ás serpes. Tamén se utilizaba en ritos para a fertilidade das mulleres, e mesmo se gardaba no dormitorio unha saca pequena coas súas follas machacadas, para favorecer a concepción en mulleres con problemas para quedar embarazadas. 
Sustancias contidas
Ademais dunha gran concentración de sales minerais, como silicio e cloruro de potasio, contén flavonoides (Isoquercitósido e Glucósidos da luteolia e do kaempferol), Saponósidos (Equisetonina), Antivitaminas (Glucósidos aricularina, isoarticularina) e Ácedos orgánicos (Alcaloides e Dimetilsulfona)


Métodos de cultivo, recolección e preparación. Doenzas que cura.
Colléitase ao comezar a primavera até agosto, setembro. É entón cando aparecen os talos que soportan o froito, parecidos a un lápis, de cor pardo-amarelo. Teñen unha altura entre 15 e 20 cm., aspecto escamoso, como un chapeu pequeno e pardo do que se desprenden as esporas.
Po encapsulado: 0,5 a 1 g/cápsula, 2 a 3 cápsulas/día.
Decocido ao 2%: Férvese 5 minutos  e faise infusión durante 30 minutos.
     Pódense tomar 2-3 cuncas/día.
Emprégase como remedio en casos de Oliguria, Litiase renal, edemas, cistite, uretrite, prostatite, reumatismo. Tamén é un bo estimulante das defensas e remineraliza, en casos de tuberculose, raquitismo, astenia. osteoporose e para recuperar fracturas e tamén no que atinxe a Hemorraxias: Hemoptise, Hematuria, Epistase, Metrorraxias e Hemorroides. É tamén adecuado o seu uso en anemias hipocrómica e por insuficiencia medular.

Melisa officinalis

Nome galego: Cidreira, Melissa, Belleira.
Nome castelán: Melisa, Toronjil, Cedrón.
Nome catalán: Taronjina, Taronjí, Citronella, Melissa, Abellera.
Nome euskera: Garraiska, Limoe bedarr
Nome inglés: Baalm, Lemon baalm, Sweet baalm, Honey plant, Cure all.

Ubicación filoxenética
Xénero: Melissa.
Especie: officinalis.
Familia: Lamiaceae

Hábitat
É orixinaria de Europa Central e meridional, se ben está moi presente na zona Euroasiática e no Norte de África.
Medra en zonas húmidas e umbrosas, ben en estado silvestre, en malezas ou bosques, ou xunto ás casas de campo en terreos ricos en materia orgánica.
Pode atoparse cultivada en moitos xardíns e como planta medicinal caseira e para a industria farmacéutica ou na industria da cosmética.
Reseña histórica
O seu nome, en grego significa “abella de mel”, xa que atrae ás abellas polo seu aroma tan exquisito a limón.
Carlomagno tiña unha especial devoción por esta planta e obrigaba a plantala en todos os xardíns dos conventos.
Os árabes, no século X, consideraban a Melisa como a planta do corazón, tanto en sentido estrito (utilizábase contra calquera alteración cardíaca e para regular o latexado), como no sentido metafórico (recomendábase para reporse do mal de amores, da tristura, dos desánimos...).


Sustancias contidas
Aceite esencial.
Compostos oxixenados.
Sesquiterpenois.
Esteres terpénicos.
Monoterpenais.
Sesquiterpenos.
Monoterpenos.
Flavonoides
Acedos (fenil curboxílicos: caféico, cloroxénico, rosmarínico e ferúlico).
Triterpenoides: Acedo ursólico.

Métodos de cultivo, recolección e preparación. Doenzas que cura.
Son precisos uns160 quilos de plantas para lograr 10 ml. de aceite esencial, de alí o seu alto prezo. Utilízanse os extremos dos talos (flores e follas), que deben cortarse antes de que eclosionen.
Emprégase en infusión ata 5 g por cada litro de auga.
En estrato fluído ata 3 g.
Aconséllase en casos de Gastrite e Enterite. Meteorismo. Disquinesias biliares, Colelitiase. Infeccións víricas e bacterianas, espasmos gastrointestinais, náuseas, colite, ansiedade, insomnio, taquicardia e mesmo en ciclos menstruais irregulares. Distonías neurovexetativas. O uso tópico resérvase para casos de halitose, migrañas e neuralxias.
Outórganselle tamén propiedades para estados nerviosos (estrés, insomnio, taquicardias, espasmos…) para a producción biliar, para calmar a dor, en casos de asma e como afrodisíaco feminino.

jueves, 9 de junio de 2011

Rosa canina

Rosa canina

Nome científico: Rosa canina
Nome común: -castellano: rosa silvestre, escaramujo, rosal perruno, zarzarrosa
                        -catalán: roser caní
                        -euskera: astoarrosa
                        -inglés: dog rose
                        -galego: gabanceira
Xénero: Rosa
Especie: Rosa canina L.
Familia: Rosaceae



Descrición:
Arbusto perennifolio que mide ata 2 m de altura, con talos colgantes de cor verde, cubertos de espiñas pequenas, fortes e curvas. As follas están compostas de 5 a 7 foliolos dentados ovales. As flores, solitarias ou agrupadas en corimbos, son de cor rosa pálido ou brancas, de 4 a 6 cm de diámetro, con cinco pétalos, e maduran nun froito ovalado de cor vermello intenso, de tipo cinorrodón, dun tamaño entre 1,5 e 2 cm, chamado escaramuxo.
Hábitat:
Moi abundante en toda Europa, Asia occidental e noroeste de África. Atópase en bordes de camiños, praderías e ladeiras soleadas, sotobosques e lindes de bosques.



Reseña histórica:
O nome de Rosa canina vén  da traducción latina do vocábulo grego kynorhodon, en castelán cinorrodon, co que estas rosas eran coñecidas na antigüedade, o cal significa "rosa de can". A forma dos aguillóns é parecida a forma dos colmillos dos cans. Tamén antigamente outra xente usaba para curar a rabia.

Sustancias que contén a planta:
Os escaramuxos son vitamínicos. Os taninos presentan un efecto astrinxente, antidiarréico. Os flavonoides determinan a súa acción como diurético e vitamínico. As flores confírenlle unha acción suavemente laxante e como tónico xeral. As follas son cicatrizantes en uso externo. Os cinorrodóns son coadxuvantes na prevención de gripe e arrefriados, convalecencia, astenia primaveral. Diarrea, dispepsias hiposecretoras. Fraxilidade capilar, edemas, varices, hemorroides, arteriopatías. Estados nos que se requira un aumento da diuresis: afeccións urinarias (cistitis, ureteritis, uretritis, oliguria, urolitiasis), hiperazotemia, hiperuricemia, pinga, hipertensión arterial, edemas, sobrepeso acompañado de retención de líquidos. Follas, cinorrodóns, en uso tópico: feridas, ulceraciones dérmicas, estomatitis, parodontopatías, farinxitis, blefaroconxuntivitis.



Métodos de recolección:
As raíces deben recollerse a principios da primavera e as follas xa ven entrado nesta estación. Os pétalos, antes de abrirse a flor, deberán secarse sobre una tela o aire e gardarse en recipientes herméticos en lugares secos. Os escaramuxos recolleranse no outono cando estean ben maduros.

Doenzas que cura:
O seu contido en vitamina C fai combatir os resfriados e as dores de garganta. Tamén como colirio ocular, problemas de nervios, laxante suave, estimulante sexual e problemas dixestivos.

Métodos de preparación:
Infusión (flores): 1 cucharada de sobremesa por cunca, infundir 10 minutos, 3 ó 4 cuncas ao día.
Decocción (escaramuxos): 30 g/l, ferver 2 minutos, tres cuncas ó día. Como diurético: un litro ao día. Infusión (follas): 30 g/l, infundir 10 minutos. Aplicar en forma de comprimidas ou lavados.



Outros usos:
Os froitos usanse para facer viños, dulces e salsas que acompañan os asados.

Páxinas web:

Lepidium latifolium

Lepidium latifolium

Nome científico: Lepidium  latifolium
Nome común: -castellano: Rompepiedras
                         -catalán: Morritor bord
                         -euskera: Buminka
                         -inglés: Perennial pepperweed, tall whitetop                
Xénero: Lepidium              
Especie: Lepidium  latifolium
Familia: Brassicaceae

             

Descrición:
É unha herba vivaz, de talo e ramas tesas, que non adoita alcanzar máis de tres palmos de altura. O talo é completamente lampiño; as follas atópanse esparcidas polo talo, existindo grandes diferenzas de tamaño entre as follas inferiores e as superiores. Son de forma ovada e lanceolada, coa parte superior prolongada, os bordes parcialmente serrados e a miúdo terminadas nunha punta, o mesmo que o talo e as ramas. As flores forman ramilletes terminais en panícula e son pequenas e brancas.

Hábitat:
Críase as beiras de arroios por toda a Península, pero sen ser característica de ningunha zona.



Sustancias que contén a planta:
Contén unha esencia en todas as súas partes; esta esencia presenta altas cantidades de xofre na súa composición. En canto ás sementes parece que son ricas nunha sustancia chamada mirosina. As súas virtudes parece que son similares ás doutras crucíferas do mesmo tipo. É unha planta non moi activa desde o punto de vista práctico, pero que se pode usar sen o perigo doutras crucíferas.

Métodos de recolección:
Florece de maio en diante, sendo normal atopar algunha planta florida a finais do verán. A recolección realízase no mesmo período de floración, xa que é neste momento cando a planta é máis rica en principios activos. É importante que unha vez secada consérvese en tarros herméticos e fóra da luz. Interesa a planta enteira, a cal débese recoller cando se necesita, xa que o que se utiliza é a planta fresca.



Doenzas que cura:
A súa principal propiedade medicinal é a de disolver as pedras do ril. Aplícase como analxésico, antinflamatorio e diurético.

Métodos de preparación:
Follas frescas: As follas pódense tomar en pequena cantidade, previamente desmenuzadas e mesturadas en ensalada.
Tisana: Prepárase botando nun pocillo de auga fervendo unhas cantas follas recentemente colleitas e retirando inmediatamente o pucheiro do lume. Unha vez enfríou, endulzase a gusto de cada cal e bebe a pequenos sorbos.
Uso externo: As follas tamén se poden usar de forma externa, para iso machúcanse nun morteiro e aplícanse en forma de emplasto. Os efectos son parecidos aos da mostaza. Desta forma adoitase­ administrar para combater dores de ciática.
Infusión: Verter nunha cunca de auga fervendo 2 g de follas desecadas, xunto con algunhas partes de tomiño. Déixase arrefriar e cóase. Esta infusión aprovéitase sobre todo para lavados vaxinais, con bastante uso en medicamento popular.
Decocción de uso interno. 30 g/l, férvense durante 10 minutos e tómanse de tres a catro cuncas ao dí­a.

Páxinas web:
rednaturaleza.com
plantas-medicinales.servidor-alicante.com

Quercus robur

Quercus robur

Nome científico: Quercus robur
Nome común: -castellano: roble
                        -catalán: roure
                        -euskera: areitz
                        -inglés: oak
                        -galego: carballo
Xénero: Quercus
Especie: Quercus robur
Familia: Fagaceae



Descripción:
Árbore caducifolia de copa ampla, aovada, redondeada ou irregular. Tronco dereito, curto e moi groso nos exemplares illados; cortiza grisácea ou esbrancuxada, moi resquebraxada. Follas grandes, simples, en disposición alterna, de cor verde intenso polo feixe e máis pálidas, pola cara inferior, co borde máis ou menos lobulado. Froitos chamados landras, colgantes sobre un longo pedúnculo, con caparuza ou cascabillo de escamas case planas.

Hábitat:
Orixinario de Europa, forma grandes extensións de bosques, é moi común na Península Ibérica. Dende o nivel do mar ata uns 1000 m de altitude, nos chans profundos e frescos, principalmente nos desprovistos de cal e algo húmidos. Require un clima húmido, oceánico, onde se acuse pouco a seca estival e é algo resistente ao frío.



Reseña histórica:
O carballo foi considerado como árbore sagrada polos celtas, chamábanlle kaer quez ( onde derivou a palabra Quercus), que significaba “bella árbore”, a cal consideraban un altar verde no que Dios se lle manifestaba. Facíanlle ofrendas como guerreiros que lle colgaban as pertenzas dos seus inimigos ou rapazas que lle colgaban das ramas colares de flores. Non practicaban ningunha ceremonia sagrada sen usar ramas de carballo.

Sustancias que contén a planta e doenzas que cura:
Polo seu alto contido en acedo tánico emprégase como antidiarreico, administrado por vía oral; pero esa mesma abundancia de acedo tánico pode provocar gastrite, ocasionando vómitos en persoas moi sensibles, polo que é máis recomendable a súa administración logo das comidas.
Por vía externa, a súa aplicación serve para contrarrestar feridas, hemorroides, eccemas e queimaduras. Tamén posúe acción antiinflamatoria, antiséptica e antipirética, polo que resulta apropiado en casos de farinxitis, estomatitis, amigdalites e vaxinitis.
Actúa tamén como hemostático en casos de hemorraxias nasais, gástricas, uterinas funcionais e ata en dismenorreas. Usouse como remedio de moitas enfermidades, aínda que posteriormente caeu en desuso.



Métodos de recolección:
A corteza arráncase en primavera dos exemplares de 15-20 anos. As bellotas recóllense cando maduran.

Métodos de preparación:
En infusión 2 gramos de follas por cada cunca, deixándoo en contacto coa auga en ebulición durante 10 minutos; pódese administrar ata tres veces ao día.
En po de cortiza, en forma de cápsulas pódense tomar ata 3 gramos ao día.
En colutorios, 15 gramos de cortiza por cada litro de auga, deixándoo en ebulición durante 10 minutos. Esta mesma preparación pódese empregar para facer gargarismos.
En lavados, 70 gramos de cortiza en cada litro de auga, deixándoo ferver durante 10 minutos. Actúa como astrinxente en feridas, úlceras...

Bibliografía:
“El gran libro de la jardinería” Ediciones Rueda

Retama sphaerocarpa

Retama sphaerocarpa

Nome científico: Retama sphaerocarpa
Nome común: -castellano: retama amarilla, retama común
                        -catalán: ginesta vimatera
Xénero: Retama
Especie: Retama sphaerocarpa
Familia: Fabaceae



Descrición:
É un arbusto dun a dous metros de altura, con infinitas ramas mimbreñas, sedosas e diminutas follas no ápice que se desprenden prontamente do arbusto. Ao longo das ramas máis antigas nacen acios de flores de moi pequeno tamaño e de cor amarela; os froitos son redondeados, de cuberta endurecida e córnea e conteñen unha gran semente negra no seu interior.

Hábitat:
Nativa do noroeste de África e da Península Ibérica. Medra en matogueiras producidas pola degradación dos encinares e en piñeirais.

Reseña histórica:
Din que antigamente buscaban neste arbusto a inmortalidade, dicindo que no profundo da súa raíz, como asida dunha raíz delgada, que baixa profundísima, áchase certa bola redonda, que eles chaman panacea, a cal, comida, fai volver nacer dentes e moas, desofusca a vista, tingue o pelo, renova o sangue e virtude vital e volve os vellos de trinta anos.



Sustancias que contén a planta:
Na cortiza e nas ramas áchase un alcaloide chamado retamina que se atopa nunha concentración do 0,4%.  Así como outro alcaloide denominado paquicarpina que é, en realidade, a desparteina, estruturalmente a fin ao anterior alcaloide.

Métodos de recolección:
A retama común florece entre maio e xuño. En canto á recolección con fins medicinais interésannos as ramas e as flores; o cáliz das flores é bilabiado: o beizo superior está dividido en dous lóbulos triangulares e o inferior en tres dientecitos agudos e aos lados do cáliz ven sendas brácteas. Na recolección ha de terse sumo coidado en non estragar o resto da planta para poder dispor dela ao ano seguinte.



Doenzas que cura:
Usouse como purgante e en afeccións do aparello respiratorio e febres eruptivas. Estreñimento, retención de líquidos, oliguria.

Métodos de preparación:
En infusión, ferver un litro de auga, engadindo sobre ela 25 g de flores ben secas. Desta infusión pódense tomar de 2 a 4 cuncas por día. As flores débense coller dunha nunha cando están recentemente abertas, refugando aquelas que teñan os pétalos marchitos. A desecación debe ser rápida, mantendo, unha vez secas, a súa fermosa cor amarela.
Baños quentes para o ácido úrico.

Páxinas web:
montesdemalaga.org
herbariovirtualbanyeres.com
gratiszona.com
wikipedia.org