miércoles, 8 de junio de 2011

Borago officinalis

Nome científico: Borago officinalis L.
Nome común: -castellano: borraja
                        -catalán: borratja
                        -euskera: borrai
                        -inglés :borage
Familia: Boraginaceae
Xénero: Borago
Especie: Fanerógama



Descripción:
-Herba anual, robusta, duns 30-130 cm de altura, e cuberta de pelos ríxidos.
-As súas follas son ovaladas ou oblongas, duns 10 a 12 cm de longo.
-Adaptase a todos os tipos de chans, se ben crece mellor nos arcillo-limosos. Prefire terras ricas en materia orgánica. Soporta as baixas temperaturas, ata _50 °C, rexermolando ao subir a temperatura
-As flores da borraxe son azuis, púrpuras ou  brancas segundo variedade.
-Florece dende primavera avanzada ata finais de verán.
- Os froitos de borraxe están formados por catro nociñas oblongo-obovoides, erectas, cóncavas e cun anel engrosado preto da base; teñen a superficie rugosa e de cor parda.
-Nos EUA e en países europeos é ademais cultivada como ornamental.
- As flores da borraxe, con forma de estrela e dunha viva cor azul, fan desta planta unha das máis fermosas do xardín de herbas, a pesar de que as follas, de cor verde escuro, peludas e sen fragrancia, son bastante vulgares.
-Pódense secar ramalletes de flores dentro dun desecante.
- As flores de borraxe cóntanse entre as máis adecuadas para ser prensadas.

Hábitat: a borraxe está distribuída pola Europa mediterránea e Portugal; introducida en Europa central e sudoriental. Estendida por toda España, sendo menos común no norte.



Métodos de Cultivo: - A planta de borraxe medra espontaneamente en hortos, xardíns, entullos e cunetas.
- Prefire un chan areento nun lugar soleado, pero tolerará un chan máis arxiloso e unha sombra parcial.
- En terreos ben aboados crece rápidamente, obténdose grandes rendementos.
- A borraxe pode cultivarse facilmente a partir de sementes.
- Seméntase en primavera e verán (de abril a xullo no Hemisferio Norte), en fileiras a uns 30 cm unhas doutras.
- As sementes de borraxe teñen que estar tapadas con terra, pois necesita escuridade durante a xerminación.
- A sementeira espontánea de borraxe é moi frecuente, polo que se mostra capaz de colonizar facilmente un amplo territorio.

Usos:
-Diurética, sudorífica e expectorante.
-Debido ao seu contido en ácido linoleico, fai descender a taxa de colesterol.
-O aceite de sementes de borraxe regula o sistema hormonal, axudando a regular os ciclos menstruais e trastornos da menopausa.
-Combate os estados melancólicos, xa que estimula as glándulas adrenais.
-As flores utilízanse para aromatizar o viño.
-As follas consúmense crúas en ensaladas ou cocidas.
-Uso externo: As follas machucadas aplícanse quentes en forma de cataplasma para aliviar as dores da gota e abrandar furúnculos e abscesos.
-É beneficiosa para as afeccións de pel, polo seu contido en niacina ou ácido nicotínico. -Suaviza ou abranda a pel e as mucosas, pero é moi potente e necesita supervisión médica

Uso Gastronomico:
-Son moi estimadas gastronómicamente en certas partes de España. Na comunidade de Aragón, onde adquire carácter de prato nacional, consúmense de diversas maneiras. Sólos os talos en revolto con ovo, ou combinadas con cogomelos, con ameixas ou gambas. Ou cocidos os talos con patacas e aliñadas con aceite de oliva cru unha vez servidas no prato.



Curiosidades:
-Foi a primeira verdura levada polos Españois a Ámerica e a súa aclimatación foi excelente.
-O cultivo como hortaliza coñécese e leva remato dende a Idade Media, en zonas da Coroa de Castela e Aragón, xa que anteriormente non se ten constancia do cultivo deste vexetal nin polos romanos ou musulmáns.
-Foron seleccionadas sementes e plantas de flor branca para o seu cultivo comercial, en viveiros de Calatayud. Dando lugar á variedades de talos máis delgados e menor follaxe que as que existían con anterioridade

No hay comentarios:

Publicar un comentario