jueves, 9 de junio de 2011

Glycyrrhiza glabra

Glycyrrhiza glabra

Nome científico: Glycyrrhiza glabra
Nome común: -castellano: regaliz, palo dulce, melosa
                          -catalán: regalissi
                          -euskera: gotxerro, erregaliz
                          -inglés: sweet wood, common liquorice
Xénero: Glycyrrhiza
Especie: Glycyrrhiza glabra
Familia: Leguminoceae



Descrición: 
Herba de ata 1 m, perenne, medra por medio dun rizoma vertical e  tuberoso que se continúa inferiormente nunha potente raíz axonomorfa. O rizoma produce tamén ramas subterráneas plagiótropas (estolóns), que serven para a propagación vexetativa, moi activa nesta planta. As ramas aéreas, anuais, teñen follas alternas, pinnaticompuestas, con 5-9 foliolos elípticos, de envés glanduloso (moi pegañosos). Estípulas pequenas. Flores azuladas ou violáceas, en acios axilares. Cáliz bilabiado, glanduloso. Corola papilionácea, con estandarte que supera en lonxitude ás demais pezas. Froito en legume de ata 3 cm. de lonxitude, glabra, de contorno algo irregular, con 2-5 sementes.
Hábitat:
Procede da Europa mediterránea e de Asia Menor e atópase cultivado en moitos lugares, habéndose naturalizado en moitos deles en sitios húmidos, leitos de ríos, barrancos e vaguadas.



Reseña histórica:
A planta de regaliz xa era coñecida e utilizada pola medicina China fai máis de 2.800 anos A.C. e no Tíbet onde formaba parte da medicina clásica tibetana. Na tumba do faraón exipcio Tutankamon (1.350 a.C.) atopáronse indicacións curativas sobre os beneficios da raíz de regaliz. O uso do regaliz en preparados para aliviar infeccións de garganta e bronquios, está documentado desde o 2.000 a.C. Na Idade Media o regaliz cultivábase de forma extensa en Europa Central.
Hoxe en día quedan aínda algúns herdeiros dos antigos cultivos do século pasado.
En Europa a droga foi utilizada só como expectorante; non foi ata a década dos 50 que o regaliz foi indicado tamén para os problemas estomacais. Dioscórides, fala na súa farmacoloxía do regaliz, e dos beneficios do seu mollo en caso de ronqueira, ardor de estómago, trastornos pectorais e renais. A Abadesa Hildegard von Bingen tamén describía o regaliz como: "...concede ao home claridade na voz, sempre se pode comer, relaxa a mente, aclara a vista e prepara o estómago para a dixestión".

Sustancias que contén a planta:
Alcaloides triterpénicos, glicirricina (de 12 a 15%, este compoñente está composto de sales magnésicas, potásicas e cálcicas do ácido glicirricíco), flavonoides,  liquiricina, rhamnoliquiritina, isoliquiritina, principìos amargos (un 6%), gliciramarina, estróxenos vexetais (estigmasterol e beta-sitosterol), hormonas vexetais ( estriol, estradiol, estrona), hidratos de carbono (glucosa, sacarosa, celulosa, almidón), aminoácidos (asparagina, colina, betaína).



Métodos de recolección:
A floración prodúcese durante os meses de maio e xuño. A recolección das raíces efectúase en outubro, pero seleccionando só aquelas cuxo grosor sexa superior a seis milímetros, para non acabar coa existencia da propia planta e obter así raíces de máis dun metro de longo. O secado efectúase á sombra e procédese á súa almacenaxe en recipientes que non sexan de plástico.
 [
Doenzas que cura:
Gastritis, úlcera gastroduodenal, afecciones bronquiales, catarro, tos, mal alento, espasmos e dores abdominais do estómago e intestinos, estimulación da bilis e  conxuntivitis.

Métodos de preparación:

En decocción prepárase utilizando un litro de auga á que se lle engaden 45 gramos de raíces, deixándoo en ebulición durante 7 minutos, e pódese tomar durante dous días.

A 100 gramos de auga fervendo engádense 20 gramos de raíz de regaliz, deixándoo ferver polo menos durante 25 minutos. O líquido que se obtén emprégase como colutorio, en enxaugues e para o coidado de feridas.

En maceración ponse en contacto 50 gramos de raíz cun litro de auga, deixándoo repousar polo menos durante cinco horas, co fin de que a auga disolva os principios activos e incorpóreos; pódese repartir entre catro días. Tamén se emprega en dismenorreas.
En po da raíz: Ata un máximo de dez gramos a repartir en tres tomas cada día.
En infusión. A auga recentemente fervida incorpóranse 50 gramos de raíz, deixándoo en contacto durante 15 minutos; a auga resultante aplícase en forma de comprimidas ou en baños oculares como antiinflamatorio ou antibacteriano. Tamén se utiliza en úlceras gástricas e ardores de estómago.

 

 

Curiosidade:

Polo seu sabor doce emprégase como edulcorante, aínda que debe administrarse con precaución, pois un consumo elevado da raíz pode ocasionar a aparición de edemas e incluso provocar hipertensión.

Páxinas web:

www.ecoaldea.com

www.ehu.es

www.plantasparacurar.com

www.avogel.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario