lunes, 6 de junio de 2011

Sanbucus nigra

Nombre comun:Galego(Sabugueiro),Castelan(Sauco), Catalan(Saüc),Euskera(Linsua),Ingles(Elder)

Ubicación filoxenética:
Especie (S.nigra) ó Xénero (Sambucus)
Familia (Adoxaceae).

Hábitat:
Tratase dun arbusto ou pequena árbore de ata 10 metros,prefire zonas parcialmente sombreadas,con chans frescos e con certa humidade.Seméntase en primaveira ou en outono,e tamen se pode reproducir por esquexes.
O sabugueiro cultivouse en xardíns moito tempo,aínda que o cheiro das súas follas non é agradable.Nun xardin natural ofrece refuxio e alimento a moitas aves.


Reseña histórica:
 O home valeuse do sabugueiro dende a idade de pedra, como alimento, medicina, en ritos relixiosos e máxicos.
O nome sambuca  deriva dunha palabra árabe, probablemente "zammut". Así se chamaba unha bebida a base de anís que chegaba ao porto de Civitavecchia  en barcos procedentes do Oriente.
O nome italianizado dábase a un licor, tamén a base de anís, nacido en Civitavecchia tempo atrás, e que polo tanto non tiña nada que ver coa planta do sabugueiro. En realidade, nesta cidade portuaria da provincia de Roma prodúcese dende hai máis de 130 anos un licor de anís chamado precisamente sambuca.

Sustancias  que conten a planta:
conten: Colina, mucílago e materias tánicas e resinosas


Métodos de cultivo e recolección:
As flores recóllense de maio a xullo,esténdense nun lugar abrigado para que se desprendan dos pedúnculos e déixanse secar. As follas recóllense de xovenes e  tamen se poñen a secar.

Doenzas que cura:
O sabugueiro é un dos mellores sudoríficos (estimula a transpiración) e depurativos (purifica o sangue contribuindo a eliminar as toxinas),ademais tamén presenta propiedades diuréticas e antiinflamatorias,e tamen se usa no tratamento de catarros arrefriados e gripes.

Metodos de preparación:
-infusió de sabugueiro para uso interno e externo,como sudorífica ,anticatarral,calmante da tos,lavado de ollos e trastornos nerviosos leves.
Para as afeccións internas e externas descritas, pódese facer unha infusión engadindo a un litro de auga quente 20 gramos de flores secas. Déixase repousar tapada uns 10 minutos. Poden tomar varias cuncas diarias. Este líquido serve igualmente para facer gargarismos contra as inflamacións da boca, e aplicarse externamente en compresas quentes.
-cocción.Pódense conseguir efectos purgantes cocendo en 1/4 litro de auga uns 30 gramos de codias de sabugueiro. Para que sexa máis efectiva, a toma faise a intervalos de 10 minutos cada unha.
-viño de sabugueiro diurético
A un litro de viño branco  engadir uns 150 gramos de codia de sabugueiro. Deixar macerar durante 15 días.




páxinas web:
www.natureduca.com
www.hipernatural.com
www.asturnatura.com
www.vivelanaturaleza.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario