miércoles, 8 de junio de 2011

Stachys officinalis

Nome científico: Stachys officinalis
Nome común: -castellano: betónica
                        -catalán: betònica
                        -euskera: betuna, sugeri
                        -inglés: betony
Familia: Lamiaceae
Xénero: Stachys
Especie: S.officinalis



Descripción:
-A betónica é unha planta herbácea vivaz.
-Altura: ata 80 cm.
-Follas opostas, pecioladas e ovaladas.
-O seu talo remata por un acio de flores violetas.
-A planta ten un olor aromático e un sabor amargo.
-A betónica florece dende o final da primavera ata o verán.
-A betónica vive en bosques planifolios e en prados sombríos, en lugares sombreados e frescos. A planta ten un olor aromático e un sabor amargo.
-A betónica florece dende o final da primavera ata o verán.
-Da recolección interesan sobre todo as sumidades floridas e as follas: recóllense e póñense a secar sobre canizos en lugar ventilado; tras o secado a planta desprende un olor aromático e o seu sabor é amargo.
-Á betónica atribuíronselle tantas accións que sería imposible enumeralas unha a unha.
-Recóllese a planta en flor xunto coa roseta basal e sécase nun lugar ventilada 40ºC como máximo.

Hábitat: aparece en bosques clareados, principalmente de folla caduca, en marxes de prados e turberas, dende o nivel do mar ata os 1850m de altitude. Presente na mayor parte d Europa.



Usos:
-Hoxe en día, o seu uso quedou moi restrinxido; xa se sabe que non é a panacea para todos os males, aínda que si se dá por certo que ten algunhas virtudes que imos ver a continuación.
-Emprégase no tratamento da asma e outras enfermidades respiratorias.
-A infusión é estimulante.
-Externamente utilízase en forma de compresas de follas frescas para combater inchazos, contusións e feridas.
-Ten ademais unha marcada acción como antipirético e é lixeiramente sedante e hipnótico.
-Por todo iso, pódese administrar en casos de insomnio, espasmos gastrointestinais e, por suposto, para baixar a febre en procesos infecciosos.
-Coa raíz hai que ter precaución, xa que a súa inxestión pode producir vómitos.
-Betónica é usada amplamente en veterinaria para combater determinados trastornos dixestivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario