miércoles, 8 de junio de 2011

Lavandula stoechas L.

Nome científico: Lavandula stoechas L.
Nome común: -castellano: cantueso o tomillo borriquero
                         -catalán: cabeçuda
                         -euskera: esplikamin
                         -inglés: french lavender
Familia: Lamiaceae
Xénero: Lavandula
Especie: L.stoechas


Descrición: Lavandula stoechas é unha mata que pode alcanzar 1 m de altura.
Florece en primavera e principios de verán, a partir do mes de marzo, segundo o clima onde habite. Hermafrodita e con aceites esenciais. Talo cuadrangular e lixeiramente peloso. Erecto e ramificado.


Usos: A infusión das súas inflorescencias secas son febrífugas e combaten as afeccións do peito e bronquios.
Ten propiedades como antiséptica, empregándose para lavar chagas e feridas. En infusión úsase en baños e locións en infeccións cutáneas leves e traumatismos. Das flores pódense obter perfumes. É dixestiva, estimulante e combate as afeccións dixestivas.

Hábitat: Distribúese por toda a rexión mediterránea, habitando en matogueiras abertas, desenvolvidas sobre chans sen cal, silíceos, como granitos, cuarcitas, lousas. En altitude esténdese ata os 1000 m e nalgunha das súas variedades ata os 1800 m. Na Península Ibérica é moi común. Na Baleares crece en Menorca e Ibiza. Tamén en Macaronesia (Illas Canarias) onde puido ser introducida.
Habita en matas persistentes, a miúdo revolutas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario