lunes, 6 de junio de 2011

Ruta graveolens

Nombre comun:Galego(Ruda),Castelan(Ruda), Catalan(Ruda vera),Ingles(Cammon rue)

Ubicación filoxenética:
Especie (R.graveolens) ó Xénero (Ruta) Familia (Rutaceae).

Hábitat:
Esta especie e orixinaria de Asia Menor,o seu cultivo extendeuse rapidamente por todo o Mediterráneo xa que o seu carazteristico cheiro fixo que os nosos antepasado se fixasen nela e nos seus posibles uso terapéuticos.Hoxe en dia e posible encontrala en terra sen cultivo,pois non require condicions especiais de colleita.
Tratase dunha especie perenne  cun talo que engrosa ano tras ano e do que saen todos os anos fillos que alcanzan os 40-60 cm de altura.As flores son de cor amarelo alimonado e forman vistosos ramilletes terminais.O froito e unha cápsula que contén numerosas sementes negras.

Reseña histórica:
Na antigüidade, a ruda tiña a misión de axudar ás futuras nais a interromper o embarazo. Dentro dos rituais ancestrais era considerada o símbolo da pureza, polo que os participantes adoitaban beber infusións desta para 'limpar' o seu interior espiritual.
Orixinaria de Asia Menor, o seu cultivo estendeuse rapidamente por todo o Mediterráneo xa que o seu característico olor fixo que os nosos antepasados se fixasen nela e nos seus posibles usos terapéuticos.
Máis adiante durante o século XVI, empregábase para mitigar a febre, dor de ril e de peito e inflamación de garganta.

Sustancias  que conten a planta
Principios activos: Esencia:metilnonilcetona,cineol, pineno, limoneno,cumarinas,psoraleno,rutamarina, vitamina C,
tanino, alcaloide
Metodos de cultivo e recoleción
Plantase por sementes en primavera ou por gallos leñosos tamén en verán.
Póñense en terreos de sol e tamén en semisombra. Deben protexerse en rexións ventosas e frías. Non necesita moito rego, cada tres ou catro días se non chove. Se non se rega pode ser máis vulnerable ao ataque da mosca branca ou de ácaros.

A ruda florece en primavera e verán. Para o seu uso medicinal recóllense as plantas  floridas, que se deben cortar xunto coas follas basais. Ao ser unha planta que se renova con bastante rapidez, pódense facer varias colleitas ao ano. As ramas, unha vez cortadas da cepa, esténdense sobre canizos en lugar ben aireado e lonxe do sol, ou en secadoiro a unha temperatura nunca superior aos 30-35º C. A recolección débese realizar coas flores a medio abrir, xa que é neste período cando máis principios activos posúe.

Doenzas que cura:
A ruda é unha planta con gran contido de vitamina C e por esta razón considérase antiescorbútica (non é tan apropiada como a do limón). Adóitase empregar en infusión  para provocar a menstruación ou para detela. Débese usar unha pequena cantidade desta planta xa que é tóxica, un gramo por cunca e máximo de dúas cuncas por día.
Popularmente úsaselle para combater a sarna e repeler insectos

* Amenorrea.
* Espasmos gastrointestinais.
* Parasitse.
* Varices, hemorroides.
* Excelente para calmar a dor de oídos.
* Inducir o aborto
* Dores estomacais

Metodos de preparación
.- Infusión de ruda. Para facilitar a menstruación. Prepárase cun puñado pequeno de ruda nunha cunca de auga fervendo. Poden tomar ata 2 cuncas ao día.
.- Cataplasma. Para abscesos e furúnculos. Para iso debemos ter a planta fresca. Machúcase e colócase sobre o absceso, cubríndoo cunha gasa.
A esencia non está recomendada, salvo baixo prescrición médica. Outras formas de administrar ruda son: en forma de po, de extracto fluído, de tintura e tamén como infusión de uso externo, pero sempre baixo control de persoal autorizado.

páxinas web:
www.zonaverde.net
www.hipernatural.com
www.asturnatura.com
www.vivelanaturaleza.com
www.wikipedia
www.plantas medicinales.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario