Nombre comun:Galego(Salvia),Castelan(Salvia real), Catalan(Sàlvia),Euskera(Sobe),Ingles(Sage)
Ubicación filoxenética
Especie (S.officinali) ó Xénero (Salvia) Familia (Lamiaceae).
Hábitat
Atópase na Europa Mediterránea,en sitios rochosos e herbazales secos,dende o nivel do mar ata zonas montañosas,ten preferencias polos terreos pouco productivos e pouco fertiles. En España predomina a variedade Lavandulifolia.
Reseña histórica
O seu nome en latin significa "planta que salva". Asociada á sabiduria e a capacidade de outorgar lonxevidade,esta planta foi considerada historicamente como sacra.Os chineses crian que remediaba a esterilidade.Foi venerada polos persas os hindús e os celtas.Os drúidas tamén a utilizaban contra todo tipo de enfermidades.Os romanos estimabana milagrosa,creiana capaz de curar calquer mal.Durante a Idade Media foi ingrediente de moitos tónicos nerviosos,e utilizouse para limpiar as encias e manter os dentes brancos.
Sustancias que conten a planta
Contén un aceite esencial (oleum salviae), que alberga tuiona, borneol, cineol e alcanfor, así como, xugos amargos e taninos.
Métodos de cultivo e recolección
Para á produción da parte superior da planta con destino á Herboristería,o sector farmacéutico e dos licores.
As plantas e os gallos arraigados plántanse á distancia de 60-80 centímetros entre as filas, segundo as esixencias de mecanización, e de 20 centímetros na fila, alcanzando unha densidade de 75.00o pantas/hectárea aproximadamente. Para a produción das follas e flores só pode adaptarse en cambio unha plantación de maior densidade.
Para usos medicinais recóllense as follas dos brotes novos, xunto con estes. Realízase ao inicio da floración ou pouco antes, e sempre con tempo seco e soleado. Póñense a secar á sombra e con boa corrente de aire, ou ben en secadoiro a unha temperatura máxima de 35º C Pódense realizar dúas colleitas por ano. As partes secas almacénanse en recipientes herméticos, ou en sobres pechados, sempre resgardados da humidade. Non conservar máis alá de tres anos, xa que determinadas substancias como os taninos e esencias se debilitan.
Doenzas que cura
A salvia é unha planta moi eficaz contra a excesiva transpiración, especialmente a nocturna producida por febres altas. Emprégase contra as afeccións gástricas e intestinais, e concretamente os seus procesos inflamatorios; é estomacal e antidiarreica. Tamén é útil na inflamación das vías respiratorias altas, tose e tuberculose. Recoñécenselle propiedades tónicas, estimulantes, diuréticas, antiespasmódicas e reguladoras das funcións menstruais.
Externamente é eficaz en inflamacións da cavidade bucal e garganta, en gargarismos para as anxinas, dor de moas. Úsase como desinfectante da pel en cataplasmas e baños, especialmente aquelas afeccións de orixe micósodico, tamén en dermatose, úlceras e chagas.

Metodos de preparación
-Infusión de salvia antisudorífica
A un litro de auga quente engadir dous puñados de follas secas de salvia, deixar repousar 10 minutos. Filtrar e tomar a intervalos de dúas horas en caso de sudación excesiva.
-Gargarismos de salvia para afecións de garganta
Para a larinxite e irritacións de garganta, engadir a medio litro de auga dúas culleriñas de follas secas de salvia, deixar lume lento ata que comece a ferver. Deixar tapado repousando uns 15 minutos. Co líquido morno facer gargarismos varias veces ao día.

-Infusión de salvia para usos internos.en afeciós gástricas,intestinais e respiratorias.
Para as aplicacións internas xa descritas, especialmente a inflamación das vías respiratorias altas, tose e tuberculose, pódese preparar unha infusión a razón dunha cullerada de follas esmiuzadas de salvia por cada cunca de auga; mantense en repouso durante 10 minutos antes de coar.

páxinas web:
www.natureduca.com
www.hipernatural.com
www.asturnatura.com
www.vivelanaturaleza.com
www.infoagro.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario