jueves, 16 de junio de 2011

Cuminum cyminum

Nome galego: Comiño.
Nome castelán: Comino.
Nome catalán: Comí.
Nome euskera: Komino, Uzta belarr.
Nome inglés: Cumin.

Ubicación filoxenética
Xénero: Cuminum.
Especie: cyminum.
Familia: Umbelliferae.

Hábitat
Ten a súa orixe na  rexión Mediterránea e é cultivado  principalmente en  zonas de clima tépedo cálido.

Reseña histórica
Era unha planta xa coñecida na época precristiá. Foi empregado polos antigos exipcios hai 5000 anos.
Teofrasto, filósofo e botánico grego, opinaba que "o comiño ten que ser maldicido e insultado en seméntaa para que dunha colleita abundante".
Segundo Plinio, o comiño era unha das especies máis apreciadas que se mesturaba co pan, a auga ou o viño.
Tamén Dioscórides fala dun comiño hortense e outro salvaxe: Este último típico de Cartaxena e ambos con connotacións de condimento alimenticio e máis coma elemento medicinal.
Ao redor do século XVI chegou a America Latina a través dos conquistadores españois.
Aínda que na antigüidade o comiño era símbolo da avaricia, na Idade Media a cultura popular dotou ao comiño do poder da fidelidade polo que se empregou como amuleto nas vodas ou como elemento protector xa que, por exemplo, cando un soldado alemán partía á guerra levaba consigo unha botella de viño e un anaco de pan condimentado con comiñoe que fora elaborado pola súa noiva ou esposa.
O seu uso foi diminuíndo de forma gradual substituíndose pola Alcaravea (comiño de prado), de sabor e aroma similar pero menos intenso.

Sustancias contidas
O Comiño contén como principios activos:
Aceites esenciais: Monoterpenos, Sesquiterpenos, Monoterpenais, Monoterpenois, Aldehidos e Cumarinas. 
Monoterpenos, Mono e sesquiterpenois, Aldehidos, Esteres, Flavonoides.
Taninos, resinas e gomas.

Métodos de cultivo, recolección e preparación. Doenzas que cura.
Uso en infusión, 2-3 tazas/día.
Uso en extracto fluido (1 g = 40 pingas) pingas/dose, 3 veces ao día. O extracto ten acción antiinflamatoria e antiagregante.
Aceite esencial, como antihelmíntico: XV a XXV gotas/día repartidas en 2 a 3 tomas administradas sobre un terrón de azúcar.Indicado en casos de cólicos intestinais, diarrea, flatulencia, dispepsias nerviosas hiposecretoras, meteorismo, flatulencias, espasmos gastro-intestinais, gastroenterite, enterocolite, gastralxias nerviosas, parasitose intestinal en fase larvaria, oliguria, amenorrea, dismenorrea...

No hay comentarios:

Publicar un comentario