jueves, 9 de junio de 2011

Rosa canina

Rosa canina

Nome científico: Rosa canina
Nome común: -castellano: rosa silvestre, escaramujo, rosal perruno, zarzarrosa
                        -catalán: roser caní
                        -euskera: astoarrosa
                        -inglés: dog rose
                        -galego: gabanceira
Xénero: Rosa
Especie: Rosa canina L.
Familia: Rosaceae



Descrición:
Arbusto perennifolio que mide ata 2 m de altura, con talos colgantes de cor verde, cubertos de espiñas pequenas, fortes e curvas. As follas están compostas de 5 a 7 foliolos dentados ovales. As flores, solitarias ou agrupadas en corimbos, son de cor rosa pálido ou brancas, de 4 a 6 cm de diámetro, con cinco pétalos, e maduran nun froito ovalado de cor vermello intenso, de tipo cinorrodón, dun tamaño entre 1,5 e 2 cm, chamado escaramuxo.
Hábitat:
Moi abundante en toda Europa, Asia occidental e noroeste de África. Atópase en bordes de camiños, praderías e ladeiras soleadas, sotobosques e lindes de bosques.



Reseña histórica:
O nome de Rosa canina vén  da traducción latina do vocábulo grego kynorhodon, en castelán cinorrodon, co que estas rosas eran coñecidas na antigüedade, o cal significa "rosa de can". A forma dos aguillóns é parecida a forma dos colmillos dos cans. Tamén antigamente outra xente usaba para curar a rabia.

Sustancias que contén a planta:
Os escaramuxos son vitamínicos. Os taninos presentan un efecto astrinxente, antidiarréico. Os flavonoides determinan a súa acción como diurético e vitamínico. As flores confírenlle unha acción suavemente laxante e como tónico xeral. As follas son cicatrizantes en uso externo. Os cinorrodóns son coadxuvantes na prevención de gripe e arrefriados, convalecencia, astenia primaveral. Diarrea, dispepsias hiposecretoras. Fraxilidade capilar, edemas, varices, hemorroides, arteriopatías. Estados nos que se requira un aumento da diuresis: afeccións urinarias (cistitis, ureteritis, uretritis, oliguria, urolitiasis), hiperazotemia, hiperuricemia, pinga, hipertensión arterial, edemas, sobrepeso acompañado de retención de líquidos. Follas, cinorrodóns, en uso tópico: feridas, ulceraciones dérmicas, estomatitis, parodontopatías, farinxitis, blefaroconxuntivitis.



Métodos de recolección:
As raíces deben recollerse a principios da primavera e as follas xa ven entrado nesta estación. Os pétalos, antes de abrirse a flor, deberán secarse sobre una tela o aire e gardarse en recipientes herméticos en lugares secos. Os escaramuxos recolleranse no outono cando estean ben maduros.

Doenzas que cura:
O seu contido en vitamina C fai combatir os resfriados e as dores de garganta. Tamén como colirio ocular, problemas de nervios, laxante suave, estimulante sexual e problemas dixestivos.

Métodos de preparación:
Infusión (flores): 1 cucharada de sobremesa por cunca, infundir 10 minutos, 3 ó 4 cuncas ao día.
Decocción (escaramuxos): 30 g/l, ferver 2 minutos, tres cuncas ó día. Como diurético: un litro ao día. Infusión (follas): 30 g/l, infundir 10 minutos. Aplicar en forma de comprimidas ou lavados.



Outros usos:
Os froitos usanse para facer viños, dulces e salsas que acompañan os asados.

Páxinas web:

No hay comentarios:

Publicar un comentario