Jasminum offcinalis
- Castelán: Jazmín blanco
- Catalán: Gessami
- Galego: Jazmineiro galego
- Vasco: Kresmin
- Inglés: Common White Jasmine
Ubicación filoxenética:
División: Magnoliophyta
Familia: Oleaceae
Género: Jasminum
Descrición botánica:
É un arbusto trepador que chega a alcanzar uns 6 mts. de altura As flores do xasmín son comunmente brancas, aínda que hai algunhas especies amarelas, posúen un doce e intenso aroma reunidas en pequenos ramalletes subterminales. Existen máis de 200 especies de xasmín pero o aceite esencial extráese das dúas variedades: jasminun officinalis e jasminum grandiflorum.
HÁBITAT:
Orixinaria de China, India e Irán, cultívase en diversos países do mundo, pero a India e Exipto son os maiores produtores. Séguenlles, cunha produción menor, Marrocos, Italia e Francia.
Reprodúcese por acodos de ramas e esqueje.
Quere chan solto, nutriente, en sitio asollado e cálido. Auga abundante durante o período vexetativo e algo de abono. Podar as ramas vellas. Soporta ben o cal.
RESEÑA HISTÓRICA:
Foi introducido polos árabes que o chamaron Yasmyn, de alí provén o seu nome. Desde a antigüidade atribúenselle efectos afrodisíacos. Para os chineses, simbolizaba a dozura feminina e o té de xasmín con base de té verde é unha das súas bebidas favoritas. Na India, o aceite era extraído colocando as flores de xasmín no medio de sementes de sésamo quentes e desvainadas, as cales adquirían o aroma das mesmas. Usábase para dar aroma ao cabelo e o corpo. E é usada con profusión na India para elaborar ungüentos aromáticos, así como con fins cerimoniais. Tampouco minguou o seu amplo uso como ingrediente de perfumaría.
PRINCIPIOS ACTIVOS:
Compoñentes activos: metil atranilato, indol, alcol bencílico, acetato de bencilo, linalol e acetato linalilo
O aroma do xasmín é extremadamente doce e embriagador se se usa en exceso. Trátase dun ingrediente custoso, aínda que se precisan cantidades moi pequenas e unha botellita pode durar anos se se garda nun lugar fresco e escuro.
USOS:
Este aceite é antidepresivo, antiséptico, antiespasmódico, afrodisíaco, galactagogo, axuda ao parto, sedante, tónico. O seu aroma é cálido, sensual, reafirmante e inspira amor pola vida cando todo parece difícil de soportar. A nivel emocional/mental reduce a depresión, calma os nervios e estimula a sensualidade. Axuda a vencer a falta de confianza, a ansiedade e infunde optimismo, combate a indiferenza e a depresión postparto. É afrodisíaco, restaura a confianza sexual, axuda a combater a frigidez. A nivel físico, alivia dores e espasmos musculares. Reduce inflamacións, combate infeccións e elimina o exceso de mucosa. Facilita o parto, é analxésico no nacemento do neno, estimula o fluxo de leite durante a lactación. Calma e suaviza a pel, combate engurras, pel seca e sensible, pel inflamada, pel e coiro cabeludo graso. Inhibe o desenvolvemento de bacterias e regula as secreciones oleosas. Resulta de axuda con problemas de próstata, fortalece os órganos sexuais masculinos..
PREPARACIÓN E USO:
Aromaterapia:
O seu aceite esencial obtense mediante un proceso custoso chamado "Effleurage". As flores de xasmín recóllense de noite cuano a planta é máis aromática e as flores liberan o aciete esencial durante varios días despois da súa colleita. Necesítanse aproximadamente 500 kg. de flores (ao redor de 3,5 millóns de flores) para obter 0,5 kg. de aceite esencial de xasmín.
BIBLIOGRAFÍA É PÁXINAS WEB:
El jardín de hierbas aromáticas - Susaeta
Las plantas medicinales en el jardín - Susaeta
Guía de los árboles y arbustos de la península Ibérica y Baleares -Mundiprensa
No hay comentarios:
Publicar un comentario