Nome científico: Calluna vulgaris
Nome común: -castellano (Brezo, Brecina, Biércol)
-catalán (Brossa)
-euskera (Añara)
-inglés (Heather)
Familia: Ericaceae
Xénero: Calluna
Especie: C. vulgaris
Descripción: É un subarbusto de 20-50 cm. de altura que presenta gran cantidade de ramas ergueitas de cor marrón avermellada, con follas pequenas e moi numerosas con flores tamén moi pequenas de cor rosa púrpura que forman un acio terminal.
Hábitat: é natural de Europa, Norte de África e América, moi difundido en terreos estériles e ácidos como turbeiras e landas. É unha planta que vive en matogueiras e landas. Crece en chans acidófilos, non calcáreos e soleados. É máis frecuente encontrala nos claros dos bosques aínda que tampouco é estraño encontrala en zonas opacas. Pódese localizar dende o nivel do mar ata os 2600 metros aínda que é máis usual encontrala en zonas montañosas. A presenza desta planta nun bosque representa un grande empobrecemento do chan deste.
Métodos de Cultivo: para cultivar a brecina son necesarios espazos soleados e pouca auga. É convinte que ao empezar e ao finalizar a época de crecemento, é dicir, a principio de primavera e final de verán, se engada un pouco de aboamento orgánico. Tamén hai que ter en conta que se pode ver afectada por fungos provocados por un exceso de humidade. A súa floración encóntrase entre principios de xullo na alta montaña e xa entrado outono na terra baixa. A brecina utilízase moito en xardinaría como planta ornamental.
Usos:
-Posue unha marcada acción astrinxente e antidiarreica, tamén contén unha substancia que por hidrólise libera hidroquinona, con acción antiséptica, sobre todo sobre as vías urinarias.
-Esta acción débese principalmente a que este tipo de compostos se eliminan polos ouriños practicamente sen metabolizar, isto é, igual que entraron no corpo; deste xeito, exercen a súa acción antiséptica por onde pasan, sendo as vías urinarias o final do seu percorrido.
-Algunhas persoas consideran a brecina como o mellor remedio para eliminar o exceso de ácido úrico do corpo.
-Pola súa virtude astrinxente emprégase contra as irritacións de pel, para quitar as pencas, etc.
-Indicacións: Recoméndase evitar o uso terapéutico da Calluna vulgaris ata que a súa efectividade estea suficientemente documentada.
-Usos tradicionais: Afeccións das vías urinarias (cistite, pielonefrite, uretrite, urolitiasis), e estados nos que se requira un aumento da diurse (hiperazotemia, hiperuricemia, gota, hipertensión arterial, edemas, sobrepeso acompañado de retención de líquidos, etc.).

Outros usos: pódese destacar a calidade do mel que se obtén a partir do néctar das flores de brecina. O "mel de breixo" é utilizado a nivel industrial.
Curiosidades: é unha das chamadas 38 Flores de Bach, remedios naturais para as enfermidades físicas que, segundo o Dr.Bach, tiñan unha orixe emocional que non se tratara. A brecina sería, en concreto, un remedio para previr as emocións de egocentrismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario