jueves, 16 de junio de 2011

Melisa officinalis

Nome galego: Cidreira, Melissa, Belleira.
Nome castelán: Melisa, Toronjil, Cedrón.
Nome catalán: Taronjina, Taronjí, Citronella, Melissa, Abellera.
Nome euskera: Garraiska, Limoe bedarr
Nome inglés: Baalm, Lemon baalm, Sweet baalm, Honey plant, Cure all.

Ubicación filoxenética
Xénero: Melissa.
Especie: officinalis.
Familia: Lamiaceae

Hábitat
É orixinaria de Europa Central e meridional, se ben está moi presente na zona Euroasiática e no Norte de África.
Medra en zonas húmidas e umbrosas, ben en estado silvestre, en malezas ou bosques, ou xunto ás casas de campo en terreos ricos en materia orgánica.
Pode atoparse cultivada en moitos xardíns e como planta medicinal caseira e para a industria farmacéutica ou na industria da cosmética.
Reseña histórica
O seu nome, en grego significa “abella de mel”, xa que atrae ás abellas polo seu aroma tan exquisito a limón.
Carlomagno tiña unha especial devoción por esta planta e obrigaba a plantala en todos os xardíns dos conventos.
Os árabes, no século X, consideraban a Melisa como a planta do corazón, tanto en sentido estrito (utilizábase contra calquera alteración cardíaca e para regular o latexado), como no sentido metafórico (recomendábase para reporse do mal de amores, da tristura, dos desánimos...).


Sustancias contidas
Aceite esencial.
Compostos oxixenados.
Sesquiterpenois.
Esteres terpénicos.
Monoterpenais.
Sesquiterpenos.
Monoterpenos.
Flavonoides
Acedos (fenil curboxílicos: caféico, cloroxénico, rosmarínico e ferúlico).
Triterpenoides: Acedo ursólico.

Métodos de cultivo, recolección e preparación. Doenzas que cura.
Son precisos uns160 quilos de plantas para lograr 10 ml. de aceite esencial, de alí o seu alto prezo. Utilízanse os extremos dos talos (flores e follas), que deben cortarse antes de que eclosionen.
Emprégase en infusión ata 5 g por cada litro de auga.
En estrato fluído ata 3 g.
Aconséllase en casos de Gastrite e Enterite. Meteorismo. Disquinesias biliares, Colelitiase. Infeccións víricas e bacterianas, espasmos gastrointestinais, náuseas, colite, ansiedade, insomnio, taquicardia e mesmo en ciclos menstruais irregulares. Distonías neurovexetativas. O uso tópico resérvase para casos de halitose, migrañas e neuralxias.
Outórganselle tamén propiedades para estados nerviosos (estrés, insomnio, taquicardias, espasmos…) para a producción biliar, para calmar a dor, en casos de asma e como afrodisíaco feminino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario