Nome científico: Acorus calamus L.
Nome común: -castellano: ácoro aromático, cálamo acuático, ácoro verdadero
-catalán: acorus, càlam
-euskera: lirim, gorri
-inglés: calamus, sweet flag
Familia: Acoraceae
Xénero: Acorus
Especie: A. calamus
Descrición: planta alta, perennifolia con follas aromáticas e raíces en forma de rizomas. O talo prolóngase baixo terra en forma de rizomas de longas raíces adventicias, carnosas e fortemente aromáticas.
Hábitat: medra nas rexións boreais de todo o globo, aínda que é nativa de Europa. Prefire as terras húmidas e as costas de augas lentas ou estancadas. O seu talo semileñoso utilizouse na Antigüidade clásica para fabricar cálamos para a escritura.
Usos:A raíz do cálamo, confeitada, úsase en Europa en repostaría, dela tamén se extrae unha droga estimulante e carminativa, chamada cálamo.
]Usos en medicina herbolaria: a raíz emprégase como tonificante nos casos de debilidade xeral do aparato dixestivo, gases do estómago e dos intestinos.
Recoméndase contra o metabolismo lento e as dixestións lentas.
Outros usos: utilizouse pola súa fragrancia e como droga psicotrópica. A súa raíz empregábase como anestésico e estimulante contra a fatiga pola asarona que contén; en doses maiores, produce efectos alucinóxenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario