Nombre comun:Galego(Silene),Castelan(Silene,Colleja), Catalan(Sulsafragi)
Ingles(Catchfly)
Ubicación filoxenética:
Especie (S.saxifraga) ó Xénero (Silene) Familia (Caryophyllaceae).
Hábitat:
Esta planta críase nas zonas montañosas da metade norte de España, fundamentalmente nos Pireneos. É moi difícil vela en zonas non rochosas.
A herba das pedras é unha herba moi pequena que mide como máximo un palmo e medio de altura. Agora ben, a súa altura varía segundo a terra en que se encontre, o clima e outra serie de elementos que inflúen no seu crecemento. É unha herba moi ramificada, con ramas que crecen anualmente, nodosas e de cor escura. Os talos que nacen destes ramillos son longos, finos e verdes. As follas son moi numerosas.
Reseña histórica:
O seu nome popular catalán sulsafragi é unha derivación do nome culto saxífraga que, na súa etimoloxía grega, significa "rompe-rochas ". Certamente o crecemento das raíces da herba das pedras nalgunha medida contribuirá a afondar e ensanchar as gretas das rochas. Este feito interpretouse antigamente, baixo os auspicios da teoría do signo, como que a herba das pedras pulverizaba tamén os cálculos renais ou da vexiga urinaria e facilitaba a súa eliminación. A herba das pedras é aínda popular hoxe en día entre os herbolarios en Cataluña!
Antigamente utilizábase o viño no que se cocía a planta e se usaba para combater problemas de vexiga
Sustancias que conten a planta
Descoñécese a composición da herba das pedras.
Algúns especialistas din que pode ter saponina, como noutras plantas do mesmo xénero.
Algúns especialistas din que pode ter saponina, como noutras plantas do mesmo xénero.
Metodos de cultivo e recoleción
A floración da herba das pedras comeza no mes de maio e bota toda a primavera e o verán.
As flores aparecen nos talos novos. O cáliz é estreito na parte inferior e bastante ancha na parte superior; ten cinco pétalos divididos en dous lóbulos con forma de estrela. Cada pétalo á súa vez forma apéndices de tamaño reducido.
O froito está sostido por un soporte tan grande coma el; é de forma ovalada e pode alcanzar os 8 mm de tamaño.
Recóllese a planta enteira, normalmente cando é nova, aínda que tampouco importa facelo cando xa é adulta.

Doenzas que cura:
Aínda que no século pasado se dicía que esta planta caera xa en desuso, isto non era de todo certo, xa que, na actualidade empregase en Cataluña para curar problemas de ril, e máis concretamente, os derivados de cálculos renais. Tomando infusións desta planta destrúense os cálculos, que son expulsados polos riñons.

Metodos de preparación
- Infusión. Nun litro de auga cócese unha onza da planta. Se a herba é nova adquire unha cor verde. Recoméndase endulzala con azucre e tomar unha cunca desta infusión en allunas, aínda que se pode beber en calquera momento.
páxinas web:
www.zonaverde.net
www.hipernatural.com
www.asturnatura.com
www.vivelanaturaleza.com
www.wikipedia
No hay comentarios:
Publicar un comentario