jueves, 16 de junio de 2011

Equisetum arvense

Nome galego:   Cola de cabalo.
Nome castelán: Cola de caballo, Cola de rata, Equiseto.
Nome catalán:  Cua de cavall, cua d'euga.
Nome euskera: Eztainu-bela.
Nome inglés:    Horssetail.
Ubicación filoxenética
Xénero: Equisetum.
Especie: arvense.
Familia: Equisetaceae.


Hábitat
Esta planta medra en solos húmidos temporalmente inundados en Eurasia, Norteamérica e algúns lugares de África.
Reseña histórica
O seu nome botánico, “equisetum”, deriva da combinación de ”equus” cabalo e "sacta” cerda, xa que os talos son tan duros como as cerdas dos cabalos e “arvensis”, o nome da variedade, significa “campo” e indica o hábitat de la planta.
Antigamente, dicíase que era a "herba encantadora de serpes". Cos seus talos ocos facíanse chifres que se dicía que atraían e fascinaban ás serpes. Tamén se utilizaba en ritos para a fertilidade das mulleres, e mesmo se gardaba no dormitorio unha saca pequena coas súas follas machacadas, para favorecer a concepción en mulleres con problemas para quedar embarazadas. 
Sustancias contidas
Ademais dunha gran concentración de sales minerais, como silicio e cloruro de potasio, contén flavonoides (Isoquercitósido e Glucósidos da luteolia e do kaempferol), Saponósidos (Equisetonina), Antivitaminas (Glucósidos aricularina, isoarticularina) e Ácedos orgánicos (Alcaloides e Dimetilsulfona)


Métodos de cultivo, recolección e preparación. Doenzas que cura.
Colléitase ao comezar a primavera até agosto, setembro. É entón cando aparecen os talos que soportan o froito, parecidos a un lápis, de cor pardo-amarelo. Teñen unha altura entre 15 e 20 cm., aspecto escamoso, como un chapeu pequeno e pardo do que se desprenden as esporas.
Po encapsulado: 0,5 a 1 g/cápsula, 2 a 3 cápsulas/día.
Decocido ao 2%: Férvese 5 minutos  e faise infusión durante 30 minutos.
     Pódense tomar 2-3 cuncas/día.
Emprégase como remedio en casos de Oliguria, Litiase renal, edemas, cistite, uretrite, prostatite, reumatismo. Tamén é un bo estimulante das defensas e remineraliza, en casos de tuberculose, raquitismo, astenia. osteoporose e para recuperar fracturas e tamén no que atinxe a Hemorraxias: Hemoptise, Hematuria, Epistase, Metrorraxias e Hemorroides. É tamén adecuado o seu uso en anemias hipocrómica e por insuficiencia medular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario